.

.

domingo, 20 de mayo de 2012

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

 O pasado martes, 15 de maio, fumos ao cine Yelmo (CC Travesía) a ver tres curtametraxes, dentro das actividades organizadas pola Concellería de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo, co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
As curtameraxes que miramos foron:

  • O SULTÁN E OS RATOS
  • A COUSA QUE MÁIS DOE NO MUNDO
  • TRES OSOS
Pasámalo xenial, xa que entre cada curtametraxe e ao remate das tres, tivemos unhas animacións moi divertidas; en donde bailamos, cantamos...etc.
Click to play this Smilebox slideshow
Para continuar coas actividades das LETRAS GALEGAS, o mércores tivemos un concerto de música galega a cargo da fundación "IGUALARTE" que dirixe  noso profe de música Marcos.
Fixéronno xenial!!! Gustounos moitísimo!!!!
Moitas grazas a todos e todas os rapaces/as que tocaron e moi especialmente a toda a xente que forma afundación "Igualarte" pola súa labor, dedicación...etc e moi especialmente a noso profe Marcos.
Si queredes coñecer un pouco máis a labor que fan, premer no seguinte enlace:www.fundacionigualarte.com
Click to play this Smilebox slideshow

0 comentarios:

Publicar un comentario