Nsta última semana de clase estivemos a realizar un pequeno obradoiro de manualidades.
Para este obradoiro decidimos confeccionr unha bola; para así poder levala a casa e poñela no nosa árbore. Foi un proceso longo, algo complexo xa que se utilizaron diferentes técnicas, pero todo foi feito polos nenos e nenas, cun un resultado espectacular!
Na súa labor de difundir o consumo responsable entre o alumnado, hoxe a Escola Galega de Consumo levou o seu programa InfonadalConsumo a todos /as os alumnos/as de Infantil; todo co obxecto de promover unha escolla responsable de agasallos nestas datas de Nadal.
Todos os nenos e nenas disfrutaron desta actividade"Pido, pido con sentido" e crearon a súa propia etiqueta para que todos os xoguetes que reciban en Nadal sexan xoguetes seguros.
Durante esta semana estivemos a traballar, na clase de 3 anos, o Día Internacional contra a violencia de xénero baixo o lema "Que cousas fas ou deixas de facer por que es rapaz ou rapaza".
En concreto, na nosa clase, traballamos as actividades que realizamos na casa toda a familia, e si estas son realizadas, indistintamente ou non, por todos os membros da mesma.
Hoxe materializamos plasticamente, o día, realizando un tendal con luvas de cor: rosa/azul e nas que pegamos o xoguete que nos gustaría ter, con independencia do noso xénero.
Levávamos un tempo en busca dela, pero non a atopábamos por ningún lado. Todos os días falando baixiño, por si escoitábamos algo, pero nada de nada.
E hoxe cando estabamos a traballar, escoitamos un ruido raro, extraño no corredor. Levantámonos, con moito coidado de non facer ruido, e abrimos a porta da clase e alí, baixo os abrigos estaba Lúa.
OTO vive con Ana e Íñigo, uns avós moi simpáticos, que teñen unha neta, Lucía, de 4 anos. Lucía xoga con Oto ao escondite, ás carreiras e a ver quen salta máis alto. ¡É tan divertida! Ao longo do curso, Oto ensinaranos estratexias de toma de conciencia da importancia da comunicación e a saber escoitar (primeiro trimestre), a potenciar o autocontrol (segundo trimestre) e a resolver conflitos (terceiro trimestre).
O pasado 10 de setembro empezou un novo curso escolar. Este novo curso, comenzamos unha nova aventura cos novos alumnos e alumnas de 3 anos.
A partir de agora compartiremos con vos, algúns momentos que viviremos na clase; pero para empezar deixovos co primeiro día de clase de cada un deles, e repito é o primeiro día de clase.
Como LIBRO encerra unha historia que hai que crear e que se creou.
Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o amor cara ao mundo das palabras.
Como VIAXEIRO cada semana entrou no fogar dunha familia co obxectivo de realizar unha actividade colaborativa; e encadeando as historias narradas por cada un das familias da clase.
O noso desexo era tecer unha rede que estreite os lazos entre a escola e a familia a través da creación conxunta dunha historia na que toda a comunidade educativa, o colexio, os nenos e as súas familias sintamosnos implicados.
Para conseguir o obxectivo foi fundamental a colaboración das familias.
O LIBRO ENCADEADO chegou a cada fogar un só venres e regresou ,á aula, o luns seguinte.
Unha vez en casa, cada familia leu todo o escrito anteriormente para así poder continuar a historia.
Os maiores foron os encargados de estimular a creación e de plasmar por escrito como quisechedes que continúe a historia, unha vez chegásedes a un consenso.
Tamén cooperachedes para crear as ilustracións que dan cor e beleza ao texto escrito.
Este é o resultado final do noso "Libro encadeado". Grazas a toas as familias pola vosa implicación e colaboración.
O pasado xoves, dentro das actividades da semana cultural 2015, tivemos o día adicado as ciencias e que no noso cole chámase "Alborciencia".
Nesta xornada recibimos unha pequena clase maxistral por parte dos profes: Alberto e Gali; con eles disfrutamos das ciencias!
Despois visitamos todos os proxectos realizados polos nosos compañeiros de %º e 6º de EP, e de 1º a 4º da ESO. Algúns destes proxectos foron presentados, e algúns deles premiados na: Exporecerca de Ourense, Magma en Barcelona, no concurso Esdelibro....
Oto, a nosa mascota, viviu con nos moitas aventuras durante este curso e nos vivimos moitas avenruras con él; pero a que máis, sin dúbida, foi cando pasou con cad un de nos un fin de semana.
O martes, dentro das actividades programadas na "Semana Cultural", tocoulle o turno as competicións deportivas. Os nenos e nenas de infantil tivemos xogos, e despois participamos, con todos os compañeiros e compañeiras do cole, nos relevos.
O remate do curso está a piques de chegar; e hora de facer un repaso por todos os verdadeiros protagonistas do "Día do conto": os libros e os nenos/as.
Onte, para iniciar a "Semana cultural 2015" tivemos inchables e maquillaxe; actividades organizadas pola ANPA.
Comenzamos saltando no inchable nenos e nenas, para a medida que continuaba a mañán estes nenos e nenas foron convertíndose en: princesas, piratas, hulk, raíñas...etc
Botade unha ollada!
Hoxe recibimos, xa a piques de rematar o curso, unha nova visita: a Irene e Mari, nai e tía de Mariela, respectivamente.
Ainda que andamos un pouco revoltos e traviesos, e cansámolas un pouco demáis; temos que decir que pasámolo muy ben e que nos gustou moito o que fixemos.
Empezamos recortando un círculo para ir,pouco a pouco, engadíndolle cousas ata conevertirse nunha rá. Sí, sí nunha ra!!!!
Despois como rapaces/as maiores que somos sorprendímolas adiviñando todas as adiviñas que nos contaron e, a pesar de que estamos moi faladeiros e pizpiretas regalaronnos unhas piruletas.
Moitisimas grazas Irene e Mari, esperamos que volo pasáredes ben!!!!
Hoxe viñeron a visitarnos: Ana (nai de Alba), Silvia (nai de Adrián Amoedo) e Sandra (nai de Noa e Emma). E que viñeron a facer? Pois montaron unha boa!!!
Primeiro déronnos un mapa do tesouro, desposi marcamos o camiño que tíñamos que seguir para conseguir o tesouro. Despois, Ana, leenos o conto: "O pirata pata de lata".
A continuación fixemos, cada un de nos, un parche para o ollo; mentres, elas, preparaban unhas espadas moi especiales.
Cando todo estivo listo e preparado, fumos a buscar o tesouro; tras unha dura búsqueda o atopamos: moedas de chocolate e unha caixa chea de chupa-chups!!!
Durante toda esta semana, para festexar o "Día das Letras Galegas", foron pasando pola clase algunhas familias que quixeron compartir con nos: contacontos, cancións, manualidades...etc
O xoves recibimos a visita de Ana, a nai de Alba; con ela disfrutamos do conto: "A mellor sopa do mundo" para continuar coa elaboración da nosa sopa.
Durante toda esta semana, para festexar o "Día das Letras Galegas", foron pasando pola clase algunhas familias que quixeron compartir con nos: contacontos, cancións, manualidades...etc
O xoves recibimos a visita de Vero e Suso, os pais de Lucas; con eles disfrutamos de tres contos: "O pirata pata de lata", "A vaca que puxo un ovo" e "Unha paisaxe de maoitas cores" e de unha fermosísima canción: "Quérote máis".
Durante toda esta semana, para festexar o "Día das Letras Galegas", foron pasando pola clase algunhas familias que quixeron compartir con nos: contacontos, cancións, manualidades...etc
O mércores recibimos a visita de Ana, a nai de Ana Novoa; con ela disfrutamos do conto: "Hansel e Gretel".
Durante toda esta semana, para festexar o "Día das Letras Galegas", foron pasando pola clase algunhas familias que quixeron compartir con nos: contacontos, cancións, manualidades...etc
O luns recibimos a visita de Sandra, a nai de Emma e Noa; con ela disfrutamos duns maravillosos relatos: "Contos de ratiños".
Por fin algunhas familias animáronse a visitarnos!!!
Hoxe recibimos a visita das nais de Edgar (VERO), e a de Lucas. V. (NATI), que nos trouxeron un ourizo, e nos fixeron pasar un día inesquecible, contáronnos como vive, de que se alimenta, etc. Despois de contarnos un conto precioso dun ourizo, coloreámolo e levamolo á casa.
Tamén nos trouxeron uns “DELICIOSOS OURIZOS” para todos, "Eran Impresionantes".
O pasado venres, 15 de maio, celebrouse o "Día da Familia".
Nos para celebrar este día e agasallar a nosa familia, fixemos una sinal de tráfico con a nosa foto, a pegada da nosa man e moito cariño; para colocala no coche.
O pasado xoves e venres, algúns de nos, emprendimos unha aventura emocionante, intrigante, divertida, intensa.... 23 de nos fumos ao albergue "Os Fieitas" a vivir entre outras aventuras: construcción de cabanas, xogos na praia, senderismo, convivencia....
Outra manualidade máis con material de refugallo, usamos os rolos de papel hixiénico para facer unhas lindas e coloridas mariposas que adornaran a nosa aula.
Traballamos así a simetría das alas da mariposa e quedaron moi bonitas, votade un ollo.
A través de cancións con tinguiduras de pop, rock, reggae ou bossa nova, cóntase a historia da amizade entre unha nena e un grilo. Ambos nos descobren emocións e sentimentos, ensínannos a vivir e conseguen que nos mergullemos nun universo máxico. Unha historia que nos fai crecer uns centímetros en doses de ilusión, creatividade e imaxinación.
Trátase de historias para para aprender, ser e sentir, para convencernos de que podemos crear outra realidade.
O pasado mércores, por causas organizativas, non poidemos celebrar o "día do conto"; por iso celebrámolo hoxe luns.
Hoxe toculle o turno a Adrián Amoedo qu e trouxo 2 contos e en galego, por fin!
En primeiro lugar leimos o conto: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", e despois: "Cando Martiño tuvo ganas de mexar na noite de reis".
O pasado martes, 28 de abril fumos de visita ao traballo da nai de Sabela. Esta vez non nos visitou ela, sinon que fumos nos ao seu traballo.
Ali estaban Mari, nai de Sabela e Ines, nai de Ainara. Qué fixemos? Pois como a nai de Sabela ten un negocio agropecuario, fixemos o seguinte: enchimos con terra os semiñeiros e plantamos semillas neles, despois plantamos: leitugas, repolos, puerros..etc nunha maceta e levámolas para casa.
Antes de marchar para o cole, fumos de visita a casa dun veciño que tiña tartarugas e parrulos.