miércoles, 28 de mayo de 2014
lunes, 26 de mayo de 2014
O GALO DAS VELETAS, NO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA
O galo das veletas, teatro de títeres
O xoves os nenos e nenas de Educación Infantil fumos ó teatro para coñecer a historia dun galo que moraba nun galiñeiro onde vivira toda a súa familia. Cada día, cando o sol saía, o galo cantaba. O galo pensaba que todo comezaba e remataba no seu curral, mais decidiu escapar un dia para coñecer o río, o bosque, o mar... e nos disfrutamos de todolos seus descubrimentos.
Etiquetas:
Saídas
viernes, 23 de mayo de 2014
ROBÓTICA
O pasado xoves, os alumnos e alumnas de Infantil, participamos nun obradoiro de "Robótica". Nel aprendimos algunhas pequenas cousas sobre como funcionan os robots, sobre como se alimentan e porque son capaces de moverse...etc.
Pero o máis interesante foi poder interactuar con eles.
NA CLASE DE CASI
NA CLASE DE CHELO
|
miércoles, 21 de mayo de 2014
CONTACONTOS "LETRAS GALEGAS" DA NAI DE XIAN, na clase de Casi
Hoxe recibimos a visita de Montse, a nai de Xian, para contarnos un conto sobre dinosaurios. Unha historia moi fermosa sobre unha familia de dinosaurios; uns donosaurios moi grandes, moi feos e con unhas bocas e dentes enormesssss!!!!
Moitísimas grazas!!!!
Moitísimas grazas!!!!
Etiquetas:
3 anos
CONTACONTOS "LETRAS GALEGAS" DA NAI DE LUCAS E SIMÓN, nas clases de Casi e Chelo
Dentro das actividades programadas na clase de Casi, co gallo das Letras Galegas, recibimos a visita da nai e da madriña de Lucas. Como Lucas ten un irmán, Simón, na clase de Chelo; realizamos a actividade conxuntamente.
"A araña e mais eu" foi o conto elexido. A través deste conto, fumos repasando as diferentes partes do corpo e comparándolas con diferentes froitas.
Foi unha viaxe dende os pes ata a cabeza, pasando por todas e cada unha das partes do corpo.
Trala lectura e visualización do conto, a nai e a madriña de Lucas, convidáronnos a probar unha ches de froitas.
Moitísimas grazas!!!!!
Moitísimas grazas!!!!!
martes, 20 de mayo de 2014
DÍA LETRAS GALEGAS, na clase de Casi
O pasado sábado, 17 de maio, celebrouse o "Día das Letras galegas"; como era un día non lectivo, nos celebramálo estes díascon: contacontos en galego e algunha que outra actividade.
Hoxe traballamos sobre un tríptico; no que tíñamos que colorear, pegar...etc a figura do escritor homenaxeado este ano. Eso sí, tíñanos que facelo baixo as condicións e indicacións de Casi; e decir, por exemplo: coloreamos só a garabata, pegamos os gomets para facer as gafas...etc
Para rematar decoramos a portada con gomets de cores, e na contraportada hai unha poesía deste escritor: Xosé María Díaz Castro.
Para rematar a xornada de hoxe, Casi contounos o conto: Teo vai de compras.
Etiquetas:
3 anos
BOLBORETAS RECICLADAS COA NAI DE UXÍA, na clase de Yure
Levábamos varias semanas esperando o momento de facer unha manualidade que ensinounos Bimba, hoxe por fin visitounos Paula, a nai de Uxía, que é unha experta nesta actividade e grazas a súa axuda fixemos unhas bolboretas moi fermosas, coloridas e primaverais. Ademais Paula trouxo a merenda: galletas e biscoito de chocolate... moitas grazas e volve pronto!!!
Etiquetas:
5 anos
lunes, 19 de mayo de 2014
CONTACONTOS "LETRAS GALEGAS" DA NAI DE ALBA, na clase de Casi
Hoxe recibimos a visita da Ana, a nai de Alba. Co gallo do día "Das Letras Galegas" viu a contarnos dous contos: A toupiña que non sabía quen lle fixera aquilo na cabeza" e "Cocoricó".
Gustáronno moitos os dous contos; e a continuación púxonos a canción de Cocoricó
Pero a cousa ainda non rematou ahí, tamén fixemos a Cocoricó. Quedounos....xenial!!!!
Moitísimas grazas Ana!!!!
Etiquetas:
3 anos
SAÍDA AO MUSEO DE MEIRANDE E ILLA DE SAN SIMÓN
Por fin chegou o día!!! Levabamos moito tempo agardando este momento; era unha excursión moi desexada por todos. O pasado xoves, 15 de maio, foi un gran día!
Iniciamos esta saída cunha visita ao Museo de Meirande.
Que é o Meirande? Un centro que che quere amosar dous temas principalmente: A batalla de Rande e o Patrimonio industrial de Rande.
Nel preséntannos unha viaxe, unha viaxe cara ao pasado, cara tempos que xa se perderon da memoria das persoas e que quedaron só impresos nos libros. Tempos das persoas coma nos, que sufrían o día a día e loitaban para sobrevivir nunhas sociedades e mundos distintos ao noso de hoxe en día.
Trala visita ao museo, emprendimos unha aventura pirata rumbo a Illa de san Simón. Onde vivimos experiencias increibles, tanto no barco como na propia isla.
VISITA MEIRANDE
VISITA MEIRANDE
VISITA ILLA SAN SIMÓN
Etiquetas:
Saídas
sábado, 17 de mayo de 2014
DÍA DA FAMILIA
O pasado xoves, 15 de maio, foi o "Día da familia".
Nos, para celebralo realizamos unha manualidad coas mans de cada un dos membros da nosa familia.
Foi un traballo interesante, pero laborioso.
En primeiro lugar,tivemos que levar a casa as cartulinas, para que cada familiar debuxara as súas mans. Despois levalas ao cole para picalas ou recortalas. Amasar a plastilina, introducila no tarro e.... máxia!!! Un gasallo precioso!!!!
NA CLASE DE CASI
lunes, 12 de mayo de 2014
ELMER, na clase de Yure
O día do libro Cristina, a nai de Xoel regalounos a Elmer. ¿Quen é Elmer?, un elefante moi especial porque non é gris, é de moitas cores. Moitas grazas polo regalo que levounos a descubrir milleiros de cousas. Coñecemos o conto e a historia de Elmer, coñecimos a súa familia, investigamos e ¿sabedes que atopamos?, ó autor que pintou a Elmer, Paul Klee. Así que convertímonos todos en pequenos artistas e pintamos con moitos cores diferentes a nosa propia manada de elefantes.
Pero non creades que só estivemos a falar de elefantes... tamén falamos dos animais da selva, estivemos a leer contos sobre xirafas, hipopótamos, cebras... ¿sabedes con quen? con Fan, o irmán de Elmer que quedou na clase de cinco porque vai ser a nosa mascota da biblioteca. Toda unha aventura, a ver se vos gusta tanto coma a nos.
https://www.youtube.com/watch?v=zWkn9fhLPuk
Etiquetas:
5 anos
CAMPAMENTO 2014
O pasado xoves, 24 nenos e nenas de infantil, iniciaron unha maravillosa aventura de dous días, no albergue "Os Fieitas" no Grove.
Gozaron moito, e o pasaron xenial. O xoves foron a praia, pero non se bañaron, porque a auga estaba moi fría, e pola noite saimos coas linternas.
Ainda que por fallos técnicos, non hai fotos de todas as actividades; podedes ver unha, de seguido, unha boa recopilación de fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)