No Colexio estamos a realizar a actividade de Educación para a Saúde "ALMORZOS SAUDABLES" na idade escolar, para que os rapaces e rapazas coñezamos a importancia que ten o almorzo como primeira comida do día, e as variedades deles que hai; e así poder facer unha alimentación agradable e axeitada.
Os alumnos e alumnas participamos no programa con dous almorzos. Esta semana probamos o almorzo mediterraneo.
A actividade consiste en unha pequena charla sobre a importancia da dieta equilibrada e o almorzo, co apoio da roda e a pirámide de alimentos, pautas sobre hixiene na manipulación de alimentos, almorzo e charla sobre saúde bucodental.
O almorzo mixto, consta de: iougur ou queixo, embutido ou friame, pan, froita ou zume, froitos secos e mel.
NA CLASE DE CHELO
NA CLASE DE Mª JOSÉ
NA CLASE DE CHELO
NA CLASE DE CASI
|