.

.

lunes, 27 de abril de 2015

FAROLILLOS, na clase de Yure

Hoxe recibimos unha visita moi creativa. As nais de Paula (Belén) e a nai de Mateo (Isa) apareceron na clase a golpe de luns!!!
Ensináronnos unha manualidade con material de refugallo, esas que tanto nos gustan. Utilizamos os vasiños de cristal dos iogures, retales de papeis de seda, cola blanca... quedaron moi chulos, cada un creou o seu farolillo e ó rematar prendimos a vela do interior para ver as cores e os contrastes. Pasámolo pipa e temos uns farolillos preciosos para regalar ;)

Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO, na clase de Casi

Foron varias as actividades que fixemos para festexar ou celebrar o día do libro.
Nada máis chegar a clase, e así dar comenzo "O día do libro" vimos o curtometraxe "Los libros voladores", a continuación partcipamos no "Top libro" (actividade que realizamos todos os nenos e nenas do cole; consistiu en intercambiar libros que trouxemos da casa, entre uns e outros).
Logo voltamos a aula e realizamos a rosa de San Jordi, fixemos un marcapáxinas de elefante e para rematar vimos e compartimos libros da biblioteca da aula.
Un día xenial!!!
Click to play this Smilebox slideshow



DÍA DO LIBRO, na clase de Yure

Para conmemorar o día do libro estivemos falando dos nosos contos preferidos, compartindo cos demais as historias e debuxando novas aventuras.
Grazas a Victor, o pai de Adrián que visitounos para ensinarnos os contos tolos, por vir pasar connosco un rato moi divertido rodeados de marionetas, imaxinación e moitas maneiras diferentes de disfrutar dun conto.
E como actividade estelar no día do libro, cada neno trouxo contos da súa casa para compartir cos compañeiros e para facer a actividade do "Top libro". A acollida foi moi boa en todo o colexio. Todos os nenos querían entregar o seu vale para facer o trueque, mirade que cantidade de libros!!!

Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 23 de abril de 2015

O DÍA DO LIBRO, na clase de Chelo

En Educación Infantil, traballamos todos os días para achegar os nosos alumnos aos libros e ás letras e intentamos desenvolver neles o gusto pola lectura dende o momento que entran no colexio.
Por iso, non podiamos deixar de celebrar un día tan importante como o "Día Internacional do Libro"

miércoles, 22 de abril de 2015

O CONTO DE ALBA, na clase de Casi

Hoxe, no día do conto, Alba deleitounos co conto "Quiero ser hada".
Encantounos a todos e todas, a pesar de que era unah fada un tanto mentireira!!!!
Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 17 de abril de 2015

MUIÑADA DA BAROSA

Onte fumos de excursión "A Muiñada de Barosa" no concello de Barro (Pontevedra).
Qué sitio máis fermoso!
Ali coñecimos o funcionamento dos muiños, do forno tradicional de leña, as distintas semillas e como quedan desois de moidas e por último aprendimos a facer masa e a amasar.
A pesar de que o tempo non nos acompañou moito; pudemos facer as actividades programadas, incluso ao aire libre! Pero rematamos a xornada comendo no Colexio.

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow

NA CLASE DE CHELO





NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 15 de abril de 2015

O CONTO DE ÁNGEL, na clase de Casi

Hoxe Ángel deleitounos co conto: "Caillou, un día en la granja". Qué ben o pasamos!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 9 de abril de 2015

miércoles, 8 de abril de 2015

O CONTO DE LUCAS, na clase de Casi

Despois dun merecido descanso, voltanos as aulas cunha enerxía renovada, con novos proxectos e continuando os xa iniciados, nos meses pasados.
Un novo mércores, trainos un novo protagonista "Lucas" e o seu comto "Teo en tren".
Lucas contounos o conto, ao seu xeito e convidounos a todos e todas a un ovo de chocolate.
Moitas grzas Lucas!

Click to play this Smilebox slideshow