.

.

viernes, 23 de diciembre de 2011

PANXOLIÑAS E VISITA DOS REIS MAGOS

Para rematar este trimestre, os profes organizaron unha obra de teatro e unhas panxoliñas.
A obra de teatro "O Nadal no circo", representáronna os nosos compañeiros e compañeiras de 3º EP. Fixeronno moi ben e divertímonos moito.
Despois os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 4º EP cantamos unhas panxoliñas.
Aos de infantil saliunos un pouco... un pouco, non moi ben; pero, sin que se enteren os profes, a música non se scoitaba  ben e eles cambiaron de idea, sobre o que tiñamos que facer, un montón de veces.
Pero como o importante é participar e ademáis, queNpode decir que uns nenos e nenas non o fan ben?
Pois non hai máis que falar sobre o tema.
Despois viñeron a visitarnos os Reis Magos e poidemos darlles as nosas cartas.
Foi unha xornada máxica!!!

3 ANOS
Click to play this Smilebox slideshow


4 ANOS
Click to play this Smilebox slideshow
5 ANOS
Click to play this Smilebox photo album

MENSAXE DOS REIS MAGOS E ENSAIO DAS CAMPANADAS, na clase de Casi

O penultimo día de clase, cando chegamos do recreo, recibimos unha mensaxe dos Reis Magos. Menuda sorpresa!!!Todos estabamso un pouco asustados, pois non entendíamos a que se debía.
Pasamos moitos nervios, pero decidimos que o mellor era prestar atención a a mensaxe, e fixémolo!!!
Non vos contamos nada, xa que o ides a ver no vídeo.
Despois do susto, fixemos un ensaio das campanadas de fin de ano, que divertido!!! Todos sentados na alfombra, mentras víamos as campanadas da Porta do Sol, tomábamos lacasitos para ensaiar para o día 31.

Click to play this Smilebox slideshow

FESTA DE DOCES "TÍPICOS DE NADAL", na clase de Casi

Fai uns días, montamos unha festa na clase. Levamos da casa, doces típicos de Nadal, e comimos, bebimos e bailamos ata quedar agotados (ainda que isto pareza cousas de maiores, foi así), Divertímonos motísimo!!! Mirade as fotos e os vídeos da nosa primera festa sin papá nin mamá.
Click to play this Smilebox slideshow

OBRADOIRO DE MANUALIDADES, na clase de Casi

Os últimos días de cole, o profe, non nos fixo traballar cos libros. Que lle pasaría? Será que "o Nadal volveuno tolo", pois non lle encontramos outro explicación.
Pois por cousas destas tolerías do profe, fixemos un obradoiro de manualidades, e confeccionamos un Reno coa  silueta do noso pe e das nosas mans. Realmente foi moi divertido e pasámolo xenial!!! sobre todo porque, o profe, deíxanos emporcarnos todos.
Click to play this Smilebox scrapbook

COUSAS DE NADAL, na clase de Casi

Durante  o mes de decembro, estivemos a traballar en moitas cousas do Nadal. Decorámola clase, fixemos a carta aos Reis Magos, fixemos unha postal, unha bota... e moitas cousas máis que xa vos iremos contando. Para comenzar deixámovos con isto:
Click to play this Smilebox slideshow

SEGURIDADE VIAL, na clase de Yure

Para despedir á profe Carla e agradecerlle o seu traballo e dedicación, qué mellor que ensinarvos o que traballamos con ela estas últimas semanas. Grazas Carla, volve cando queiras a visitarnos, gustounos compartir contigo o primeiro trimestre.
Click to play this Smilebox slideshow

DOCES DE NADAL, na clase de Yure

Esta semana foi moi doce, a comezamos degustando os doces de nadal e o día seguinte fixemos o noso propio doce, abetos de azucre!!!
Click to play this Smilebox photo album

jueves, 22 de diciembre de 2011

CUMPLES DECEMBRO

3 ANOS
Click to play this Smilebox scrapbook
5 ANOS

Click to play this Smilebox greeting

miércoles, 21 de diciembre de 2011

NADAL FAMILIAR, na clase de Casi

Como xa fixera no Samaín, o profe mandounos facer, xunto con papá e mamá, unha nova actividade plástica.
A algúns pais e nais non lles gustou moito a idea, pero ao final todos puxeronse "mans a obra" e os resultados, como sempre, foron asombrosos.

Click to play this Smilebox scrapbook

ACTIVIDADES DE NADAL, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow

martes, 20 de diciembre de 2011

domingo, 18 de diciembre de 2011

COUSIÑAS DE NADAL, na clase de Yure

Esta semana fixemos un montón de cousas diferentes, visitounos un duende, tocamos unha zambomba... e moitas cousas máis. Botade un ollo e veredes que ben o pasamos.
Click to play this Smilebox slideshow

PANXOLIÑAS E TEATRO DE PAIS E NAIS

O venres tivemos unha grandísima sorpresa; os profes baixáronnos ao ximnasio e ali, estaban moitísimos pais e nais para representarnos unha obra sobre o nadal e cantarnos  panxoliñas. UNS ARTISTAS!!!
Pasámolo xenial, divertímonos moitísimo!!!!
Moitas grazas a todos e todas.
Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 16 de diciembre de 2011

OBRADOIRO DE COCIÑA, na clase de Casi

Onte fixemos un obradoiro de cociña; e claro, que queredes que os contemos? Estaba todo exquisito!!! Ummm, só pensalo e xa se nos fai a boca auga!!!
Con todo isto do Nadal o profe, fai cousas moi diferentes tódolos días: Nos ensamos que empeza a tolear, pobriño!!!
Pois como vos decíamos,fixemos con pan de molde, nocilla e mermelada uns pasteis riquísimos e a verdade, fixémolos enseguida.
Pois nada, mirade o que fixemos.
Click to play this Smilebox greeting

jueves, 15 de diciembre de 2011

MAXIA DE NADAL, na clase de Chelo

Convertemos pan bimbo en estrela, bastonciño, campá, árbore, monigote, e calcetín. cambiámolos de cor, e o máis sorprendente é que despois o comemos.
Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 14 de diciembre de 2011

FESTA DA COR VERDE, na clase de Casi

 
Click to play this Smilebox scrapbook
Onte rematamos a festa da cor "VERDE". Con ela, damos por rematadas estas festas temáticas.
Grazas a tódalas familias pola vosa colaboración!!!

viernes, 9 de diciembre de 2011

VISITA DA NAI DE UXÍA, ACOMPAÑADA POLA NAI DE PAULA PIRIS, na clase de Casi e Yure

Hoxe recibimos a visita da nai de Uxía, acompañada pola nai de Paula Piris (da clase de Yure).
Menuda sorpresa nos tiñan preparada!!!
Foi algo increible!!!
Coloreamos unha siluetas de árbores con témpera, fixemos bolas de algodón e pegámolas na silueta e MÁXIA!!! convertíronse nunhas árbores de nadal!!!
Pintamos as mans, o nariz e ata os beizos. Pasámolo xenial!!!
Moitas grazas a Paula e María, e voltade cando queirades.
Un forte bico para as dúas.
ÁRBORES DE NADAL
Click to play this Smilebox slideshow
POSTÁIS
Click to play this Smilebox scrapbook

jueves, 8 de diciembre de 2011

VISITA DAS NAIS DE: SANTI E LAURA MÉNDEZ, na clase de Yure

Click to play this Smilebox scrapbook

VISITA DA NAIS DE: LUNA, DIEGO, NOA E SAMUEL, na clase de Chelo

Visitáronnos as nais de Noa, Diego, Luna e Samuel e sorprendéronnos cunha chea de actividades e agasalloss de Nadal .
Fixéronnos pasar un día moi especial e deixáronnos a clase preciosa
Moitísimas grazas polo voso traballo e dedicación .
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 5 de diciembre de 2011

COUSAS DO OUTONO, na clase de Casi

Agora que xa empezamos co Nadal, queremos compartir con todos vos, algunhas cousas que fixemos durante o traballo sobre o outono.
Só son un pequeno retazo de todo o que traballamos; pero sabedes que? Xa estamos fartos e fartas de que o profe esté todo o día facendonos fotos. Que pesado!!!
Pois nada, deixámosvos coas poucas fotos que lle deixamos sacar ao profe.
Ah! queremos agradecer a Iris, a nai de Naiara, os croisants que nos mandou. Moitas grazas!!!
Veña todos e todas a mirar o vídeo!!!

VISITA DA NAI DE ANXO, E DA NAI E DA IRMÁN DE MIGUEL, na clase de Yure

""Este xoves chegou o espíritu do nadal a clase de cinco anos, grazas a nai de Miguel, a irmá e a nai de Anxo. Decoramos a árbore cos detalliños que axudáronnos a facer e quedou preciosa. Se non o credes, mirade o noso traballo....""
Click to play this Smilebox photo album

jueves, 1 de diciembre de 2011

FOTOS OFICIAIS

3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS

miércoles, 30 de noviembre de 2011

VISITA DA AVOA DE LOIS, na clase de Casi

Hoxe visitounos a avoa de Lois!!! Foi algo sorprendente e fantástico!!!!
Chegou acompañada pola mamá de Lois (pero enseguida tivo que marcharse a traballar) e por un pato!!!!
Temos que pedirlle disculpas as dúas porque non lle fixemos moito caso a elas; non realmente non!!!
Todos fumos directos ao pato. Que lindo era!!! E tan suave!!!
Manola, a avoa de Lois, viu primeiro a nosa clase (despois foi a clase da profe Chelo) e a parte de ensinarnos ao pato, e deixarnos que o tocáramos, contonunos o conto: "El pato afortunado"; e por si fora pouca cousa, tamén nos trouxo un paraugas de chocolate, para cada un de nos.
Moitísimas gracias Manola!!! E nos tes esquezas que quedaches de volver pronto.
Un forte beso de todos nos!!!
Click to play this Smilebox photo album

VISITA DA AVOA DE ALDARA, na clase de Chelo

Hoxe visitounos a avoa de Aldara, contounos un conto moi bonito, e tróuxonos un pato, que acaparou a curiosidade de tod@s, e tamén nos regalou uns paraugas de chocolate que nos encantaron.
Moitas grazas pola súa paciencia e dedicación.
Ata sempre Manola.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 28 de noviembre de 2011

viernes, 25 de noviembre de 2011

CUMPLES NOVEMBRO

3 ANOS
Click to play this Smilebox photo album
5 ANOS
Click to play this Smilebox scrapbook
4 ANOS
Click to play this Smilebox greeting

jueves, 24 de noviembre de 2011

VISITA DA FAMILIA DE ROCÍO, na clase de Chelo

Hoxe na clase de 4 anos tivemos unha festa ao grande, visitáronnos os avós e a nai de Rocío, e sorprendéronnos cunha chea de actividades: tatuaxes, trencitas ás nenas, contos, bailes, cancións, e aínda por riba regalaronos caramelos.
Pasámolo xenial, divertímonos moito, e quedamos encantad@s,
Queremos darlle as grazas porque nos fixeron pasar un día inesquecible.
Son unha familia de artistas, e demostráronnolo.
Parabén aos tres.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 21 de noviembre de 2011

INDIANA BILL

Hoxe leváronos de excursión!!! Xa iba sendo hora, non si? Por que iso de estar todo o día no Colexio, traballando, facendo fichas e aguantando aos profes e un pouco pesado.
Pero debe ser que, como xa está cercano o nadal o algo lles pasou a os profes, decidirón levarnos a un parque de bolas na Ramallosa, para que brincaramos, xogaramos, divertíramos...etc e ata nos deron de merendar!!!
Ainda non o podemos creer!!!
En fin mirade como o pasamos. Ata a próximaaaaaaaaaaaaa
Click to play this Smilebox slideshow

ACTIVIDADE TIC 5 ANOS

Actividade publicada no blog:
 http://planticalborada.wordpress.com/; podedes acceder a ela premendo no seguinte enlace   http://youtu.be/U0pZHkOEw9g

RECETARIO: MACEDONIA DE OUTONO, na clase de Yure

O venres visitáronnos as nais de Laura G. Méndez, Paula Vieitez e máis a nai de Santi.
Querían ensinarnos as froitas e froitos do outono. Pero... ¿Cal é a diferencia? Para averigualo fixemos unha macedonia e pasámolo en grande
Click to play this Smilebox newsletter

jueves, 17 de noviembre de 2011

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA

O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Neno.
Este é un pequeno resumo dos Dereitos universais dos nosos pequenos

1.- Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2.- Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3.- Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4.- Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5.- Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6.- Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7.- Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8.- Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9.- Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10.- Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo

MAGOSTO

Hoxe celebrámolo magosto tódolos nenos e nenas de infantil e primaria; os da ESO faranno a vindeira semana "Cousas dos maiores".
Foi un día de celebración e de comer moitas castañas, "estaban boísimas". Pasamolo xenial e ademáis o bo tempo, permitiu que podesemos disfrutar dun día otoñal moi soleado.
Queremos dar as grazas a os pais de Laura Méndez (5 anos) por regalarnos todas as castañas que tomamos, os nenos e nenas de infantil, no magosto.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 14 de noviembre de 2011

XOGOS POPULARES, COA AVOA E A NAI DE ALBA, na clase de Yure

Os nenos e nenas de cinco anos comezamos a semana xogando. Pero non calquer xogo... a nai e a avóa de Alba ensináronnos xogos populares. Resulta que son xogos moi divertidos ós que xogaban os nos pais e os nosos avós. Pasámolo en grande. Moitas grazas pola sorpresa.
Click to play this Smilebox scrapbook

sábado, 12 de noviembre de 2011

VISITA DAS NAIS DE SAMUEL E LUNA, na clase de Chelo

Hoxe as nais de Samuel "Iria·" e de Luna "Vero" viñeron a clase de 4, e trouxéronnos uns lenzos de animaliños para pintar... preciosos, e pasámolo moi ben, aínda que temos que pedirlles desculpas, porque como nos emocionamos tanto, alborotamos un pouquiño, pero a próxima vez estaremos máis tranquiliños.
Moitas grazas pola vosa paciencia e dedicación. Esperamos contar convosco noutras ocasións.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 7 de noviembre de 2011

VISITA DO AVÓ DE KEIRA, na clase de Chelo

Visítanos o avó de Keira para contarnos en que traballa, e contarnos un conto de Epi e Blas que nos gustou moito, pedídelle os vos@s fill@s que volo conten.
Ademais tróuxonos caramelos, polo que nós fixémoslle un debuxo no que estaba el, e o parquímetro que nos explicou como funcionaba.
Moitas grazas pola visita e polos seus ensinos.
Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 4 de noviembre de 2011

NOVA DATA CONFIRMADA

O vindeiro 24 de maio de 2012, os alumnos e alumnas de infantil acudirán ao Centro cultural "García Barbón" a representación teatral "PINGÜIN".

sábado, 29 de octubre de 2011

SAMAÍN, nas clases de Casi ,Chelo e Yure

Na clase de CasiNa clase de Chelo
Click to play this Smilebox slideshow
Na clase de Yure
Click to play this Smilebox slideshow

SAMAÍN FAMILIAR, nas clases de Casi, Chelo e Yure

Os profes non contentos con facernos traballar a nós na clase, decidiron que tamén traballaran mamá e papá na casa. Bueno, mirade qué cousas fixemos.
Os profes queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración e, a increible creatividade e imaxinación amosada nos traballos.
NA CLASE DE CASI NA CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox slideshow
NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 28 de octubre de 2011

CUMPLES OUTUBRO

3 ANOS
Click to play this Smilebox photo album
4 ANOS
Click to play this Smilebox slideshow
5 ANOS
Click to play this Smilebox scrapbook

jueves, 27 de octubre de 2011

AVISO ÁS FAMILIAS

O próximo luns, día 31 de outubro, "DÍA DO ENSINO" NON HABERÁ CLASE, tal como recolle o Diario Oficial de Galicia, do 30 de maio de 2011, no que sae publicado o Calendario escolar para o curso 2011/12.
A Dirección.

miércoles, 26 de octubre de 2011

HISTORIA DO SAMAÍN

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unas décadas esquecida, pero que nos últimos anos se está volvendo a recuperar co traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.
A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Os antigos celtas
no tempo do Samaín.
A sustaban á xente,
que pasaba por alí.
Os nenos e nenas do ALBORADA,
seguimos a tradición.
Pero agora utilizamos
calabazas e melóns"

HALLOWEEN, COA PROFE PIEDAD, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow

MAXIA CON PASCUALA, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow