BO NADAL e FELIZ ANINOVO
domingo, 23 de diciembre de 2012
FESTIVAL NADAL 2012
FOTOS
VIDEO PANXOLIÑA 3 ANOS: TENEMOS UN ARBOLITO
VIDEO PANXOLIÑA 4 ANOS: POLO NADAL TURRÓN E MAZAPÁN
VIDEO PANXOLIÑA 5 ANOS: COMING DOWN THE CHIMNEY
|
sábado, 22 de diciembre de 2012
COUSAS DE NADAL, na clase de Casi
Nesta entrada deixámovos con unha pequena pincelada das cousas que estivemos a realizar na clase; porque ademáis de coer tamén facemos outras cousas!!!
Etiquetas:
4 anos
CARTA AOS REIS MAGOS, na clase de Casi
O pasado mércores, por fin! elabramos a carta aos Reis Magos.
Foi un omento de moitos nervios!!!
Todos queríamos elexir o noso agasallo de reis. E cantas dúbidas, sobre cal elexir!
Como o profe só nos permitía que elixéramos un agasallo, ainda púxonolo máis dificil; pero ten razón o profe que non podemos pedir moitas cousas.
Etiquetas:
4 anos
A QUE SABE O NADAL? na clase de Casi
Esta semana fixemos unha merenda moi especial con doces típicos destas datas que aportaron as nosas familias. Probamos diferentes clases de turróns, orellóns... Unha das cousas que máis nos gustou foron as galletas de Nadal que elaborarou Miguel coa axuda das súa mamá. Estaban boísimas. Ademáis explicounos como se elaboran!!! Todo un Chef!!!
Trala fantástica merenda disfrutamos charlando, xogando e bailando.
Unha festa para non esquecer.
Etiquetas:
4 anos
NADAL FAMILIAR, na clase de Casi
Este ano o tema elexido para o "NADAL FAMILIAR" foi a decoración dun zapato.
Realmente quedamos sorprendidos coa creatividade que teñen papá e mamá. Como é posible que dun zapato, bota ou zapatilla salgan estas cousas? É increible o resultado!!!
Realmente quedamos sorprendidos coa creatividade que teñen papá e mamá. Como é posible que dun zapato, bota ou zapatilla salgan estas cousas? É increible o resultado!!!
Etiquetas:
4 anos
ESCRIBIMOS A CARTA AOS REIS MAGOS, na clase de Mª José
Este xoves por fin chegou o momento que levabamos tanto tempo agardando: a elaboración da nosa carta aos Magos de Oriente. O venres ían estar no cole, así que, moi ilusionados, elaboramos a carta para Melchor, Gaspar e Baltasar. Debuxamos e escribimos o nome do noso agasallo preferido. Estabamos moi nerviosos, sobre todo momentos antes de falar con eles. Non vos perdades as nosas caras!
Etiquetas:
5 anos
NADAL FAMILIAR, na clase de Mª José
Os nenos e nenas de 5 anos disfrutamos moito estes días compartindo cos nosos compañeiros a decoración do noso zapato de Nadal. Ficamos realmente sorprendidos pola creatividade que amosaron todas as familias. Coñecemos diferentes técnicas decorativas e realizamos unha exposición con todas as nosas obras de arte. Grazas polo voso tempo e dedicación!
Etiquetas:
5 anos
viernes, 21 de diciembre de 2012
SABOREAMOS O NADAL, na clase de Mª José
Esta semana fixemos unha merenda especial con doces típicos destas datas que aportaron as nosas familias. Probamos diferentes clases de turróns, mazapáns... Pero o que máis nos gustou foron as galletas de Nadal que, con moito cariño, elaboraron Samuel e Irene coa axuda das súas mamás. Estaban boísimas. Non vos perdades o labor destes excepcionais reposteiros. Moiras grazas!
Etiquetas:
5 anos
miércoles, 19 de diciembre de 2012
PANXOLIÑAS NAIS (ANPA)
Hoxe recibimos unha nova visita. Eran as nais-actrices reconvertidas en nais-cantantes.
Realmente hai que recoñecer que estas nais dan moito de si; igual cantan que interpretan, que bailan!!!
Mirade que recital déronnos hoxe.
martes, 18 de diciembre de 2012
OS CONTOS/CANTOS DO BARDO ABELARDO: NADAL
A través da Concellería de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo, tivemos hoxe os contos/cantos do bardo Abelardo; son contos e cantos referentes ao Nadal. Como é habitual chamou á participación de todos os nenos e nenas para celebrar un Nadal dun xeito diferente, utilizando o poder da imaxinación e acompañándose da súa inseparable concertina.
Mirade que ben o pasamos!!!
OBRA TEATRO NAIS ANPA 2012
O luns pasamos unha mañán moi divertida e entrañabe. Un grupo de nais representaron "MAXISTRALMENTE" unha ora de teatro sobre o Nadal.
Temos que agradecer o tempo, a dedicación, a entrega pero sobre todo o cariño co que este grupo de nais fixo esta obra de teatro.
Noraboa!!!
Moitas grazas por todo.
FOTOS
FOTOS
sábado, 15 de diciembre de 2012
NADAL FAMILIAR, na clase de Chelo
Grazas a todas as familias pola sua colaboración.
Os resultados foron sorprendentes.
Cada ano superan con creces as espectativas.
Felicidades a todas as familias.
Os resultados foron sorprendentes.
Cada ano superan con creces as espectativas.
Felicidades a todas as familias.
Etiquetas:
3 anos
jueves, 13 de diciembre de 2012
VISITAS DAS NAIS DE: XAVI, ANDREA e DANIELA, na clase de Casi
Hoxe recibimos unha nova visita. Paula, nai de Xavi, Katy, nai de Andrea e Mari, nai de Daniela apareceron por sorpresa na clase. E menuda sorpresa!!! Quedamos coa boca aberta.
Trouxéronnos unhas caixa chea de boliñas de moitas cores.
Ah, pero a sorpresa viu despois, sabedes porque? Pois para pegalas, só tíñamos que mollalas un pouco e xa estaba.
Fixemos moitísimas cousas: flores, casas, helicopteros, serpes, coches, xaulas...etc Tamén é certo que fixo falta moita, pero moita imaxinación; pero quen pode dicir que uns artistas como nos, non víamos todo iso nas nosas creacións?
Etiquetas:
4 anos
martes, 4 de diciembre de 2012
SABORES DE OUTONO, na clase de Casi
Durante estas últimas semanas estivemos a traballar, na clase, o outono: as súas cores, os seus froitos e as froitas, a súa paisaxe, as súas imaxes, a literatura que fala del...etc, etc.
Foi un tempo de moitos descubrimentos, de sensacións, de novas experiencias.
O profe pediunos que levaramos a clase cousas relacionados co outono, e levamos de todo: follas, contos, castañas, noces, abelás, millo, caquis...etc cestas fermosísimas cheas de cousas de outono, un cartel "fermosísimo"co nome do cole feito con froitos do outono.
Foron moitas as cousas que levamos e con todas elas creamos o noso "Recuncho do outono".
Foron moitas as cousas que levamos e con todas elas creamos o noso "Recuncho do outono".
lunes, 3 de diciembre de 2012
VISITA DO PAI e DA AVOA de NICOLÁS CONDE, na clase de Casi
O pasado venres, recibimos a visita do pai de Nicolás Conde e da súa avoa, que acababa de chegar para visitalos dende Arxentina.
Compartimos unha gran parte da mañán transformando unhas cinchas plásticas en yo-yos. Sí, sí só necesitamos: cinchas plásticas e auga quente.
Moitísimas grazas aos dous, por facernos pasar unha mañán moi divertida.
sábado, 1 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)