Durante un largo período de tempo, estivemos a traballar sobre o OUTONO. As súas cores, as súas características, a climatoloxía, a roupa desta estación, os froitos e froitas típicos, as súas festas e tradicións....etc.
Cada un de nos aportou: follas, piñas, froitas como a mazá, mandarina. kiwi, granada..., froitos como as avelás, nocese améndoas, contos, adivñas, poesías, cancións, rimas etc E con todo elo creamos un banco de recursos para traballar esta estación do ano.
Tamén confeccionamos unha coroa de outono e con un brick de leite fixemos un recipiente para levar as castañas o día do MAGOSTO.
Foron moitas e moi variadas as actividades que levamos a cabo, ao longo deste mes.
Como remate probamos, saboreamos un delicioso marmelo feito pola nai de Ana Cid (Ummmm, qué rico estaba!!!), e tamén aprendimos como se fai e que ingredentes leva.
Como vedes foi un outono moi intenso!!!!