NA CLASE DE CASI
NA CLASE DE CHELO
NA CLASE DE YURE
martes, 29 de abril de 2014
sábado, 26 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO, na clase de Chelo
Na clase de 4 anos realizamos varias actividades sobre o día do libro, algunhas aínda non as rematamos, contos de colorear, outros inventados "AS AVENTURAS CON OTO· vimos outros en video, etc.
Dentro de pouco xa volas enviaremos a casa, en canto estén rematadas, porque faltaron nenos/as, e ademáis eran moi laboriosas.
O venres asistimos á representación teatral dos contos
"UN VIRUS INFORMÁTICO" alumnos/as de 2º de PRIMARIA
"O LOBO E AS SETE CABRITAS" alumnos/as de 5º PRIMARIA
"A RATITA PRESUMIDA" alumnos/as de3º PRIMARIA
"AS AVENTURAS DE DON QUIJOTE" alumnos/as de 4º PRIMARIA
Gustáronnos moito e pasámolo moi ben.
Moitas grazas aos protagonistas e as titoras destes cursos
¡¡PARABÉNS!!.
Etiquetas:
4 anos
TEATRO NO DÍA DO LIBRO, na clase de Casi
O venres, 25 de abril, celebramos oficialmente "O DÍA D LIBRO", no cole.
Os nenos e nenas de 4º ESO e de toda Primaria, durante tempo, estiveron preparando diversas obras de teatro.
Cada curso Primaria, prepararou unha obra de teatro; e nos, os nenos e nenas de Infantil, fumos o seu público un día tan importante para todos eles.
Prepararon as seguintes obras:
1º EP: Que contan as ovellas para durmir?
2º EP: Un virus informático
3º EP:La ratita presunida
4º EP: Las aventuras de Don Quijote
5º EP: El lobo y las 7 cabritillas
6º EP: El flutista de Hamelín
Os nenos e nenas de 3 anos, asistimos a representación de 4 obras; as de 1º, 2º, 4º e 6º.
Dende aquí queremos agradecer a todos os nosos compañeiros/as o seu bo traballo, e a súa dedicación.
Noraboa a todos e todas; e por supusto, tamén, a todos os profes de Primaria.
Etiquetas:
3 anos
DÍA DO LIBRO, na clase de Yure
Día do Libro na clase de Yure:
Esta semana estivemos a celebrar o día do libro cun montón de actividades. Comezamos a elaboración dun libro, actividade que imos seguir traballando, xa veredes o resultado. Tamén fixemos o noso marcapáxinas, contamos contos, a profe Yure presentounos a nosa nova mascota da biblioteca e vimos unha curtametraxe de "libros voladores", esperamos que vos guste tanto coma a nos.
E para rematar esta semana tan movida fumos espectadores de catro obras de contos clásicos por parte dos nosos compañeiros de primaria. A ratiña presumida, o flautista de Hamelín, as sete cabritillas e o conto ¿que contan as ovellas para durmir?... que ben o pasamos e que ben nos portamos. Mirade, mirade...
Etiquetas:
5 anos
viernes, 25 de abril de 2014
CONCONTOS DA NAI DE EMMA E NOA, na clase de Casi
Hoxe recibimos unha nova visita, a da nai de Emma e Noa.
Xandra chegou cargada de moita enerxía e con moitas ganas de pasar un bo rato con nos.
Contounos dous contos:"¡Julieta estate quieta!" e "Una noche en el bosque"; e tamén contounos unha fábula que lle contaba a súa nai, cando era pequena.
Agasallounos a cada un, aos profes tamén, con un libro de contos. Menuda sorpresa!!!! e que gran agasallo!!!!
Moitísimas grazas Sandra!!!!
Etiquetas:
3 anos
jueves, 24 de abril de 2014
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO, na clase de Casi
Entre contaconto e contaconto, entre clases de psicomotricidade, música, inglés e informática e máis contacontos, fumos facendo as actividades planificadas para o día do libro.
Elaboramos a "Árbore dos contos".
Para a realización da árbore, partimos dunhas follas con imáxenes insertadas de contos clásicos: picámolas e coloreámolas, cada un a súa. Logo, entre todos, fixemos o tronco; e xa, por último, montámos a árbore.
Tamén elaboramos un marcapáxinas dun lobo e tivemos, tamén, un contacontos do profe Casi.
Esperámos que vos guste!!!!
Etiquetas:
3 anos
CONTACONTOS PROFE LAURA, na clase de Casi
Contiuando coa seman de celebración de o "Día do libro", e a profe Laura contounos dous preciosos contos titulados: A tartaruga que quería durmir e Paco. Dous contos que teñen como protagonistas a unha tartaruga e a un rato, e as súas peripecias.
Moitísimas grazas Laura!!!
Etiquetas:
3 anos
miércoles, 23 de abril de 2014
CONTACONTOS DA NAI DE VEGA, na clase de Casi
Hoxe, tamén recibimos a visita de Raquel, a nai de Vega.
Raquel contounos un conto titulado " No pasa nada"; un conto moi divertido sobre a tozudez dun hipopótamo.
Moitas grazas Raquel
Raquel contounos un conto titulado " No pasa nada"; un conto moi divertido sobre a tozudez dun hipopótamo.
Moitas grazas Raquel
Etiquetas:
3 anos
CONTACONTOS DA NAI DE ALBA, na clase de Casi
Hoxe recibimos a visita de Ana, a nai de Alba. Viu a contarnos os contos "El hada acatarrada" e "Caperucita de Colores". Para contarnos o conto "El hada acatarrada" utilizou un "Kamishibai"(Kamishibai, en xaponés, quere dicir "teatro de papel".É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.)elaborado por ela mesma. Para acompañar, esta narración, tamén elaborou unha barita máxica, para cada un de nos.
Moitísimas grazas Ana!!!!
Etiquetas:
3 anos
DÍA DO LIBRO, na clase de Chelo
Hoxe celebramos o día do libro, e para celebralo os nen@s de 4 anos elaboramos un conto titulado "AVENTURAS CON OTO ".
Cada un debuxámonos a nós con OTO no lugar ao que nos gustaría ir con el.
Podedes botarlle unha ollada.
Etiquetas:
4 anos
martes, 22 de abril de 2014
CONTACONTOS DA NAI DE ANA BARCIELA, na clase de Casi
Hoxe iniciamos a semana adicada ao "Día do libro" cunha series de contacontos, entre outras actividades, a cargo das familias.
Hoxe visituonos Carmen, a nai de Ana Barciela, e contounos dous contos: "O rei Midas" e "O libro da selva".
Gustáronnos moito os contos, e por si fora pouco regalounos un chupa chups a cada un de nos!
Moitísimas grazas Carmen!!!!
Etiquetas:
3 anos
miércoles, 16 de abril de 2014
viernes, 11 de abril de 2014
PASCUA, na clase de Casi
Hoxe iniciamos as vacacións de Semana Santa. Estamos na época da Pascua!!!
A Pascua ten moitos símbolos; dous dos máis recoñecidos son o "ovo de pascua "e o "coello de pascua".
Nos decidímonos polo "coello de pascua", como manualidade para estas datas.
Foi un traballo bonito, divertido, alegre pero tamén laborioso e cansado. Bufff as cosas que nos manda facer Casi!!!
Pero unha vez rematado, valeu a pena o esforzo.
Etiquetas:
3 anos
jueves, 10 de abril de 2014
SEMANA DA PRENSA, na clase de Yure
A semana pasada convertímonos nuns redactores de prensa, da casa trouxemos un montón de noticias. Eleximos as que máis nos gustaban. Collimos o texto, o encabezado, as fotos, e nos mesmos escribimos o titular. A profe Betty ensinounos como imprimilos, foi moi emocionante!!!... quedaron xeniais.
http://youtu.be/aqOIbYzC8FI
http://youtu.be/aqOIbYzC8FI
Etiquetas:
5 anos
miércoles, 9 de abril de 2014
TRABALLO COA PIZARRA DIXITAL, na clase de Casi
Hoxe estivemos a traballar coa pizarra dixital.
O profe Moncho preparounos unha nova actividade, coa pizarra dixital, para repasar todo o traballado neste trimestre.
Foi moi divertido poder traballar, de novo, coa pizarra máxica (todo se pode tocar, mover, borrar...etc só con unha man).
Tanto nos, como Laura e Casi pasámalo moi ben e ademáis de aprender, divertímonos moitísimo.
Moitas grazas Moncho, por esta actividade.
Etiquetas:
3 anos
lunes, 7 de abril de 2014
viernes, 4 de abril de 2014
SEMANA DA PRENSA, na clase de Casi
Estes días estivemos a traballar sobre a prensa, co motivo da semana da prensa.
O profe Casi, mostrounos un xornal e unha revista, e falamos sobre as diferencias máis destacables entre ambos: tamaño, tipo de papel, a cor, cantidade de letras e fotografías, etc.
Observamos que en ambos medios nos falan de cosas reáis, de cosas que existen e pasan de verdade.
Falamos sobre as diferentes seccións dun periódico/revista: portada, nome do mismo, sección de deportes, sección do tempo...etc
Buscamos a letra "A", nos textos do xornal, fixemos tiras de papel co xornal...
Falamos sobre o quiosco e o coloreamos, coloreamos un xornal....
O máis importante e que aprendimos para que sirve un xornal e que cousas nos conta.
Etiquetas:
3 anos
VISITA DA NAI E DAS IRMÁNS DE IRIA, na clase de Chelo
Hoxe na clase de inglés coa teacher Adela recibimos unha sorpresa, xa que viñeron a visitarnos a nai e as irmás de Iria.
Emocionámonos moito e pasámolo moi ben, e ademais trouxéronnos caramelos.
¡¡¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, e ata pronto!!!
Emocionámonos moito e pasámolo moi ben, e ademais trouxéronnos caramelos.
¡¡¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, e ata pronto!!!
Etiquetas:
4 anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)