.

.
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de junio de 2014

LIBRO DOS NOMES, na clase de Casi

Esta é a historia do libro creado polas familias:

Ola familias!
Iniciamos a aventura de construir un libro coa vosa participación.
Chamarémoslle “O LIBRO VIAXEIRO”, xa que  a proposta consiste en que do colexio a casa e de casa ao colexio, vaiamos completándolo entre todos.
O libro viaxeiro terá por título POR QUE ME CHÁMO ASÍ?
No cole estou escomenzando a descubrir meu nome e o de os meus compañeiros e compañeiras, como se escriben, cantas letras teñen, como sonan esas letras, si son longos ou curtos… E xúrdemen unhas preguntas como: Por que me chámo así?, Quen o quenes elixeron meu nome?...
Por iso, decidimos preguntároslo e poder logo contárselo a os nosos compañeiros e compañeiras e ao profe Casi. Si queredes, tamén podedes aproveitar para escribir alguna anécdota divertida, poner alguna o moitas fotos, ou escribir algo sobre as cousas que me gusta facer.
Así, deste xeito, coñecerémonos mellor todos os nenos e nenas da clase.


MOITAS GRAZAS POR AXUDARME A MEDRAR

Click to play this Smilebox slideshow


O LIBRO VIAXEIRO, na clase de Casi

Con este pequeño libro titulado LÚA VÉN A CASA, pretendemos recompilar as experiencias que os nenos e nenas viviron durante a fin de semana coidando a Lúa, a mascota da clase.
Pretendemos fomentar nos nenos e nas nenas actitudes de respeto cara os obxectos, neste caso un peluche que non é seu senón que comparte con todos os compañeiros e compañeiras da clase.
Con esta actividade, iniciámolos tamén no sentido da responsabilidade, “hai que ter moito coidado de que o peluche non se estrague e facer que o pase ben na casa”.
Cando remate o curso, teremos una pequeña historia de Lúa na casa dos nenos e das nenas.
E ésta, é esa pequena gran historia:


Click to play this Smilebox slideshow


DIPLOMAS, na clase de Casi

O pasado xoves, Casi entregounos os traballos deste trimestre, as notas e esta marabillosa sorpresa:
CASI e LÚA otorgan este diploma a  .......... porque rematou:
MOI BEN o curso de 3 anos de Educación Infantil no Colexio Alborada.

Click to play this Smilebox slideshow


PROXECTO SOBRE HOLANDA, na clase de Casi

Fai xa un tempo, estivemos a traballar un pequeno proxecto; como aportación dos nenos e nenas a revista do cole 2013/14. Como o tema principal da revista é Europa, nos eleximos Holanda.
Comenzamos por situala no mapa, desplegar as ás e voar; voar e voar ata chegar a Holanda.
Unha vez que baixamos do avión, recorrimos diferentes puntos do pais pero sobre todo percorrimos os campos cheos de tulipanes de moitas cores e coñecimos os muiños de vento, grazas a youtube.
Tras coñecer o mais significativo do pais, decidimos coñecer máis en profundidade os tulipáns e os muiños.
Por iso fixemos 2 tulipáns: un o coloreamos e outro os picamos, doblamos, pegamos, puximoslle o tallo e confeccionamos un precioso ramo de tulipans. Tamén fixemos o noso muiño de vento.

Click to play this Smilebox slideshow


FESTIVAL FIN DE CURSO

O pasad sábado, 14 de xuño, celebramos o "Festival fin de curso". Este ano o tema elexido foi a "Movida dos oitenta".
Os nenos e nenas de 3 anos, bailamos: "No me beses en los labios" do grupo da movida viguesa, Aerolineas Federales.
Os nenos e nenas de 4 anos,bailamos: "Bienvenidos" de Miguel Ríos.
Os nenos e nenas de 5 anos, bailamos: "Viaje con nosotros" da Orquesta Mondragón.
Uns e outros fixemos as delicias das nosas familias, profes e público en xeral!!!

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow




NA CLASE DE CHELO


Os alumn@s de 4 anos convertiámonos en rockeiros, para o festival de fin de curso, para interpretar "Bienvenidos de Miguel Rios•"
Parecíamos uns rockeiros profesionais,estábamos guapísimos.
"Moitas grazas as familias por facelo posible" Poñemosvos unha pequena mostra.
Sinto que XOSE, SHAKUR e LUCÍA non poideran participar.

Xa xodes maiores! disfrutade as vacacions! e grazas por todo!


NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox newsletter


viernes, 20 de junio de 2014

FESTA OCHENTERA, nas clases de Casi e Yure

Hoxe os nenos e nenas da clase de Casi e de Yure, recibimos a visita de Loli, nai de Sarah (5 anos) e de Vero, nai de Ángel (3 anos) e de Xira (5 anos).
O motivo da visita foi facer unha festa ochentera, para despedir o curso e, de paso, celebrar o cumple da profe Yure.
Moitísimas grazas Loli e Vero!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 19 de junio de 2014

ALBORCIENCIA

Un ano máis, dentro da Semana Cultural, celebrouse o día das ciencias; o que nos coñecemos como "Alborciencia".
Os nenos e nenas de Infantil asistimos, en primeiro lugar, a unha sesión de pequenos experimentos; tralo cual fumos a visitar os stands, onde se expoñian todos os proxectos científicos dos nosos compañeiros e compañeiras do 3º ciclo de EP e da ESO. Moitos deles xa foron presentados na "Exporecerca" de Ourense e no "Magma" de Barcelona.
Noraboa a todos e a todas polos vosos traballos e tamén aos profes que o fan posible: Alberto, Vero, María Mayo e Adela.

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 18 de junio de 2014

XOGOS E RELEVOS, na clase de Casi

Hoxe, dentro das actividades deportivas da "Semana Cultural" os nenos e nenas de Infantil tivemos xogos e relevos. 
Mirade como sudamos e nos deixamos a pel, para conseguir o noso obxectivo.

Click to play this Smilebox slideshow


CONTACONTOS E MAQUILLAXES, na clase de Casi

Hoxe martes, dentro das actividades programadas na "Semana Cultural", a ANPA deleitounos cun Contacontos e  unha sesión de maquillaxes.
Primeiro leeronnos un conto, que truxo Alba a clase; e a continuación empezaron a aparecer: bolboretas, leóns, monstruos, payasos, hello Kitty, Dora a exploradora, princesas etc etc.
Canta variedad de personaxes!!! E o rápido e o ben que o facían; non lles faltaba detalle.
Uns artistas este papá e estas mamás!!!
Moitas grazas!!!

Click to play this Smilebox slideshow


martes, 17 de junio de 2014

FESTA PIRATA

Onte os nenos e nenas de Infantil, e de 1º e 2 de Primaria, tivemos unha gran sorpresa!!!
Este luns, comenza a Semana Cultural no cole e a ANPA preparounos unha gran Festa Pirata.
Bufff que ben o pasamos!!!

Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 16 de junio de 2014

IMPROVISANDO E CREANDO, na clase de Casi

A semana pasada, unha vez rematados os "traballos oficiais" deste curso; a Casi, ocurreuselle facer unha actividade improvisada e en grupo. Que quere decir, improvisada e en grupo?
Moi fácil, cada grupo da clase (o grupo: rosa, verde, axul e laranxa) tiñamos que pintar, decorar...etc un gran corazón. Cada grupo debíamos organizarnos como nos quiseramos, para facer o noso corazón.
Foi unha actividade moi divertida, e diferente; e Casi e Laura quedaron moi contentos do noso traballo.
Mirade os resultados!!!
Click to play this Smilebox scrapbook


viernes, 13 de junio de 2014

VISITA DA NAI DE EMMA E NOA, na clase de Casi

A semana pasada, recibimos a visita da Sandra, nai de Emma e Noa, e Yoli, unha amiga súa.
Fixemos, con elas, unhas marionetas de dedo con fieltro. Trouxeron catro modelos: unha porquiña, un can, un oso e unha ra. Cada un de nos poidemos elexir a que queríamos facer.
Foi moi divertido pegar cada unha das partes, para formar a nosa marioneta. 
Para rematar a actividade, deronnos unha piruleta a cada un/unha.
Moitas grazas Sandra e Yoli.

Click to play this Smilebox slideshow


domingo, 8 de junio de 2014

VISITA DA NAI DE ÁNGEL, na clase de Casi

O venres, recibimos a visita de Vero, a nai de Ángel; menuda sorpresa!!!!
Nos que estavamos sentadiños, escoitando un conto e de repente `petaron na porta e apareceu ela.
Con Vero fixemos uns fantasmas moi, moi doces. Queredes saber como os fixemos, pois moi fácil; un chupa-chups, un trozo de tela, unha goma e uns ollos. Facil, non?
Pois mirade o resultado.
Moitísimas grazas, Vero.
E non te esquezas, que quedaches en volver!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 21 de mayo de 2014

CONTACONTOS "LETRAS GALEGAS" DA NAI DE XIAN, na clase de Casi

Hoxe recibimos a visita de Montse, a nai de Xian, para contarnos un conto sobre dinosaurios. Unha historia moi fermosa sobre unha familia de dinosaurios; uns donosaurios moi grandes, moi feos e con unhas bocas e dentes enormesssss!!!!
Moitísimas grazas!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


CONTACONTOS "LETRAS GALEGAS" DA NAI DE LUCAS E SIMÓN, nas clases de Casi e Chelo

Dentro das actividades programadas na clase de Casi, co gallo das Letras Galegas, recibimos a visita da nai e da madriña de Lucas. Como Lucas ten un irmán, Simón, na clase de Chelo; realizamos a actividade conxuntamente.
"A araña e mais eu" foi o conto elexido. A través deste conto, fumos repasando as diferentes partes do corpo e comparándolas con diferentes froitas.
Foi unha viaxe dende os pes ata a cabeza, pasando por todas e cada unha das partes do corpo.
Trala lectura e visualización do conto, a nai e a madriña de Lucas, convidáronnos a probar unha ches de froitas.
Moitísimas grazas!!!!!
Click to play this Smilebox slideshow


martes, 20 de mayo de 2014

DÍA LETRAS GALEGAS, na clase de Casi

O pasado sábado, 17 de maio, celebrouse o "Día das Letras galegas"; como era un día non lectivo, nos celebramálo estes díascon: contacontos en galego e algunha que outra actividade.
Hoxe traballamos sobre un tríptico; no que tíñamos que colorear, pegar...etc a figura do escritor homenaxeado este ano. Eso sí, tíñanos que facelo baixo as condicións e indicacións de Casi; e decir, por exemplo: coloreamos só a garabata, pegamos os gomets para facer as gafas...etc
Para rematar decoramos a portada con gomets de cores, e na contraportada hai unha poesía deste escritor: Xosé María Díaz Castro.
Para rematar a xornada de hoxe, Casi contounos o conto: Teo vai de compras.
Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 19 de mayo de 2014

CONTACONTOS "LETRAS GALEGAS" DA NAI DE ALBA, na clase de Casi

Hoxe recibimos a visita da Ana, a nai de Alba. Co gallo do día "Das Letras Galegas" viu a contarnos dous contos: A toupiña que non sabía quen lle fixera aquilo na cabeza" e "Cocoricó".
Gustáronno moitos os dous contos; e a continuación púxonos a canción de Cocoricó



Pero a cousa ainda non rematou ahí, tamén fixemos a Cocoricó. Quedounos....xenial!!!!
Moitísimas grazas Ana!!!!
Click to play this Smilebox slideshow


sábado, 17 de mayo de 2014

DÍA DA FAMILIA

O pasado xoves, 15 de maio, foi o "Día da familia".
Nos, para celebralo realizamos unha manualidad coas mans de cada un dos membros da nosa familia.
Foi un traballo interesante, pero laborioso.
En primeiro lugar,tivemos que levar a casa as cartulinas, para que cada familiar debuxara as súas mans. Despois levalas ao cole para picalas ou recortalas. Amasar a plastilina, introducila no tarro e.... máxia!!! Un gasallo precioso!!!!

NA CLASE DE CASI

Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE CHELO

Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox slideshow






lunes, 12 de mayo de 2014

CAMPAMENTO 2014

O pasado xoves, 24 nenos e nenas de infantil, iniciaron unha maravillosa aventura de dous días, no albergue "Os Fieitas" no Grove.
Gozaron moito, e o pasaron xenial. O xoves foron a praia, pero non se bañaron, porque a auga estaba moi fría, e pola noite saimos coas linternas.
Ainda que por fallos técnicos, non hai fotos de todas as actividades; podedes ver unha, de seguido, unha boa recopilación de fotos.

Click to play this Smilebox slideshow


martes, 29 de abril de 2014

ACTIVIDADE DÍA DO LIBRO, COA TEACHER ADELA

NA CLASE DE CASI


NA CLASE DE CHELO


NA CLASE DE YURE