viernes, 31 de diciembre de 2010
jueves, 23 de diciembre de 2010
FESTA DE NADAL
Dende que escomenzou a nosa viaxe polo mundo ata hoxe, aprendimos moitas cousas das costumes, tradicións, da cultura...etc,etc pero xa está ben de tanto estudar. Chegou a hora da troula!!
Os nenos e nenas de infantil, o último día de clase fomos a ver a obra de teatro que prepararon os nosos compañeiros e compañeiras de 1º EP; por certo, fixeronlo xenial!!
Despois chegou o noso turno, tiñamos que cantar as panxoliñas que os profes: Chelo, Yure e Casi nos aprenderan na clase. Os de tres anos cantamos: Rodolfo, el reno. Os de catro anos: La orquesta original. Os de cinco anos: Mi burrito sabanero.
A presión do "directo" fixo estragos e quizas, non o fixemos moi ben; pero eso si puximoslle moitisimo interés e o máis importante: que pai o nai pode dicir que os seu fillo ou filla non foi o millor?
Pois deixámosvos con as fotos deste día.
POSTAIS GAÑADORAS
Mirade as postais gañadoras no concurso celebrado no Colexio, co gallo do Nadal. Estas postais foron impresas e enviadas as familias de cada ciclo.
Noraboa aos gañadores e moi especialmente a nosa compañeira Ana Pérez Prada pola sua composición (Bola de nadal).CONCURSO POSTAIS NAVIDEÑAS
No cole, os profes, fixeron un concurso de postais navideñas, e hoxe supimos quenes foron os gañadores de cada etapa.
En educación infantil a gañadora foi: Ana Pérez Prada (4 anos)
No 1º ciclo de primaria a gañadora foi: Laura Costas Blanco (2º EP)
No 2º ciclo de primaria a gañadora foi: Najwa Carrazoni Mier (3º EP)
No 3º ciclo de primaria o gañador foi. Diego González Fernández (5º EP)
Na ESO non houbo ningún gañador, pola baixa calidade dos traballos
En educación infantil a gañadora foi: Ana Pérez Prada (4 anos)
No 1º ciclo de primaria a gañadora foi: Laura Costas Blanco (2º EP)
No 2º ciclo de primaria a gañadora foi: Najwa Carrazoni Mier (3º EP)
No 3º ciclo de primaria o gañador foi. Diego González Fernández (5º EP)
Na ESO non houbo ningún gañador, pola baixa calidade dos traballos
Noraboa a todos eles.
Etiquetas:
4 anos
OBRA TEATRO NAIS
O pasado martes, un grupo de nais e un pai, representaron para todios os nenos e nenas de infantil e primaria (en dúas funcións, como os actores famosos!!) unha obra de teatro; para que comprenderamos o importe que é compartir cos demáis e o bo que axudar aos que temos ao lado. Foi unha obra moi, moi fermosa e paxámolo xenial!!
Temos un problema co vídeo da obra, tan pronto podamos poñerémolo, vale? (que non se nos enfade ninguén).
Pero para que vexades a estas artistazas, deixámosvos coas fotos desta función.
miércoles, 22 de diciembre de 2010
O RENO RUDOLF
Xa rematamos a nosa viaxe polo Nadal dos diferentes paises (Indonesia, España, Polonia e Australia). Durante esta viaxe estivemos acompañados de Rudolf (O reno de Papá Noel). Foi unha viaxe maravillosa e moi interesante, e pasámolo xenial coa compañía de Rudolf.
Como queríamos ter un recordo seu, fixémolo na clase con: cartolinas, ceras, tixeiras, gomets, vaso de plástico...etc
Mirade que bonitos quedaron.
Etiquetas:
4 anos
martes, 21 de diciembre de 2010
NADAL FAMILIAR
O "NADAL FAMILIAR" é unha actividade pensada polos profes, para que papá e mamá traballen con nós na casa. Temos que realizar entre todos (pais, nais e fillos e fillas) a decoración do debuxo que nos mandan para casa. Podemos empregar calquer tipo de material (papel, tea, lá, botóns, chuches...etc) e calquer técnica. Cando chegamos a casa con este traballo, papá e mamá botan as mans a cabeza, e as veces refunfuñan algo moi baixiño que non sabemos que é; pero a pesar de todo póñenlle moito interés e o resultado é magnífico.
sábado, 18 de diciembre de 2010
PANXOLIÑAS NAIS
Hoxe fixemos un alto na nosa viaxe (xa nos apetecía!), para deleitarnos coa actuación das nais de nosos compañeiros e compañeiras.
Primeiro sorprenderonnos con unha magifica actuación na obra "Un arco iris de colores" e agora deulles por cantar panxoliñas; e nos preguntámonos: Que é o que non saben facer estas mulleres? Danlle a todo e o mellor de todo é que o fan moi ben!!. Noraboa a todas, cantáchedes xenial.
Moitas grazas
viernes, 17 de diciembre de 2010
Un Nadal aberto ao mundo: AUSTRALIA e ESPAÑA
Hoxe emprendimos unha nova viaxe!! Os nenos e nenas de 3 anos estaban moi cansos de tanto vaixe ests días e decidiron facer de cociñeiros, como xa fixeran onte os nenos e nenas de 5 anos, e quedar en España. Contáronnos que Australia é un pais moi fermoso e con unha tradición moi particular de celebrar o Nadal; así que decidimos emprender a viaxe por Australia.
miércoles, 15 de diciembre de 2010
Un Nadal aberto ao mundo:AUSTRALIA, POLONIA e ESPAÑA
Hoxe foi o colmo da discordinación! Uns nun pais, outros noutro e outros sen desayunar negáronse a viaxar.
Sabemos que é un pouco difícil entender todo isto, verdade? Pois vámolo explicar!
Os nenos e nenas de tres fumos a Australia (a qué mola!).
Como na maioría dos lugares o Nadal é unha ocasión especial para reunir á familia. Os australianos reúnense a véspera xa que desde 1937 en Melbourne celébranse as "Panxoliñas á Luz das Velas". Esa noite as . familias reúnense a cantar panxoliñas iluminadas tan só por velas. Realízanse na praia iluminándoa para que Santa Claus poida guiarse para chegar ás súas casas
ACTIVIDADE: Vela do Nadal
Os nenos e nenas de cinco, por fin, atoparon o seu camiño e foron a Polonia,ainda que con un día de retraso!.
E os nenos e nenas de catro anos nos lle deron de desayunar na casa, e negáronse a emprendela viaxe programada para hoxe.
Xa vedes unha autentica locura!
Merry Christmas: Bo Nadal
martes, 14 de diciembre de 2010
Un Nadal aberto ao mundo: POLONIA e ESPAÑA
Hoxe emprendimos unha nova viaxe, pero foi un viaxe moi diferente o de onte; pois ainda que saímos todos xuntos, perdimos aos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos. Onde estaban? Que lles pasou?
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos viaxamos ata Polonia. En Polonia o belén tradicional inclúe monicreques, algo único no mundo. No pesebre hai un pequeno escenario teatral para as marionetas. Adóitanse representar clásicos episodios do nacemento de Cristo e historias de Santa Claus e os seus trasnos. En Noiteboa toda a familia reúnese para cear e como é tradicional, en todas as mesas colócase un cuberto máis do normal e unha folla de oblea que os comensais parten como símbolo de reconciliación.
ACTIVIDADE: Marioneta “Santa Claus"
Os nenos e nenas de 5 anos non viaxamos moi lonxe, quedamos no comedor do Colexio para facer un taller de cociña. Como sucede en tódalas casas de España a mesa nestas festas están cheas de doces, turróns... e nos non queríamos ser menos e preperamos os nosos propios doces de mazapán. Estaban boísimos. lunes, 13 de diciembre de 2010
Un nadal aberto ao mundo: INDONESIA
A nosa primeira parada deste nadal aberto ao mundo é:
INDONESIA
Durante o mes de decembro as lámpadas de arxila cobren as paredes dos fogares da Indonesia do mesmo xeito que se fai durante a festividade de Diwali. Ademais as flores de pascua decoran multitude de fogares, son as flores elixidas para decorar as Igrexas para a misa do galo. O colorido destas flores achega alegría a estas datas e pola importancia que toma esta planta o día 12 de Decembro celébrase o día da flor de pascua. Un día que as familias utilizan para decorar os seus fogares e realizan os tradicionais abanicos de pascua cos que adornan a árbore e que se utilizarán como centro de mesa a noite do 24 de decembro.
ACTIVIDADE: Abanico de pascua
ACTIVIDADE: Abanico de pascua
domingo, 12 de diciembre de 2010
CHEGOU O NADAL 2
Como vos contamos o outro día, Mónica (nai de Miguel)estivo con nos adornando a clase; e prometeunos mandar unha árbore de nadal para decorala coas estrelas, bolas... Recordades? Pois trouxo a árbore, e decorámola coa axuda de Lorena e de Casi. Ata pronto!! Recordade que dende mañan ata o día 22, espérannos moitísimas sorpresas a todos. Non faltades!!
Etiquetas:
4 anos
sábado, 11 de diciembre de 2010
UN NADAL ABERTO AO MUNDO
Aínda que o patrón do Nadal é o mesmo a grandes liñas en todos os países, desde o Cabo de Fornos até os Pireneos, hai un milleiro de matices distintos en cada rexión e/ou comunidade, froito do paso dos anos, as diferenzas climáticas, alimentos da zona e outras particularidades.
Con estes talleres, que vamos a traballar dende o 13 ao 22 de decembro, presentamos unha forma atractiva para os máis pequenos de coñecer as tradicións do Nadal. Podendo así descubrir costumes particulares dos diferentes países polos que viaxaremos este nadal, da man do reno Rudolf, dunha forma lúdica e atractiva.
Diariamente recibiredes información do que vamos facer nos talleres.
MARIONETA DE CAPERUCITA
Hoxe venres, tivemos unha nova sorpresa. O certo é que ultimamente levamos un montón de sorpresas e de visitas!!
Visitaronnos os pais de Esther, Susana e Jose; realmente non os esperabamos, pero estivemos encantados de estar con eles.
Pásamolo moi ben facendo con conserviletas de cores, unha marioneta de Caperucita (sí, sí a de o conto!!); non é por votarnos flores pero quedáronnos superchulas. Querédelas ver? Pois aguntade un pouco que xa van, pero antes queremos agradecer aos pais de Esther, o tempo que nos adicaron e a súa paciencia con nos; e moi especialmente ao pai, pois é o primeiro pai que nos ven visitar. Daremoslle medo aos pais?
Veña miarde como nos quedaron, e estade atentos ao blog, que veñen moitas novidades estes días
Etiquetas:
4 anos
jueves, 9 de diciembre de 2010
CHEGOU O NADAL
Hoxe, os nenos e nenas de 4 anos, tivemos unha nova visita. A nai de Miguel, Mónica, viu a axudarnos a decorar a clase cos adornos que mercou e tamén, cos que fixeron Paula e Estela, as nais de Area e Anxo. Decoramos as ventás, a TV, o espello...etc Quedounos unha clase chulísima!! Ah! e mañán vainos traer unha árbore de nadal para que a adornemos coas estrelas que fixeron as mamas, as bolas, o espumillón... Xa vos contaremos como quedou!!
Etiquetas:
4 anos
jueves, 2 de diciembre de 2010
FOTOS OFICIAIS
Nos, ao igual que as casas reais, os actores e actrices máis famosos, e moitos outros personaxes que posan nas portadas das revistas máis glamurosas, hoxe presentamos as nosas fotos oficias deste curso 2010/11. Cada curso posa co seu mellor soorriso e co chandal máis planchado da historia, xunto co seu profe. Os nenos e nenas de 3 anos estamos coa profe Chelo, os de 4 anos coa profe Lorena e Casi, e os de 5 anos coa profe Yure. Mirádeas!! e xa veredes como despois decides:"Están para comelos!"
APRENDEMOS CON NOELIA
Os nenos e nenas de 5 anos , estivemos a traballar coa profe Noelia. Foi unha experiencia fantástica!! Fixemos moitísimas cousas e o máis importante e que aprendimos moitas máis. Pero con din os maiores (que creen, que sempre teñen razón)unha imaxe vale mmáis que mil palabras, así que mirade todo o que fixemos.
Etiquetas:
5 anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)