viernes, 31 de mayo de 2013
lunes, 27 de mayo de 2013
KRI, KRA, KRO: TEATRO GARCÍA BARBÓN
Kri kra kro recrea un universo delicado, onde a vida exprésase a través da beleza das imaxes e da calidez do xogo dos actores.
O espectáculo mostra a viaxe de dous personaxes por un espazo descoñecido que se vai poboando de imaxes e sons. Esta viaxe está inspirado no espírito curioso co que os máis pequenos asómanse á realidade.
Kri Kra Kro é unha metáfora teatral que mostra as imaxes como parte dun xogo, como unha posibilidade para explorar e gozar o mundo, non só para contemplalo.
Esta creación é tamén un encontro emocionado e sutil coa arte, unha suxestiva experiencia que queremos compartir cos pequenos espectadores.
viernes, 17 de mayo de 2013
DÍA DA FAMILIA, na clase de María
O pasado 15 de maio conmemoramos o Dia da Familia. Días antes, os nenos e nenas de 5 anos comezamos a elaborar uns agasallos moi especiais para lembrarlles aos nosos papás, mamás, irmáns, avós, avoas, etc. o moito que os queremos. Con moito cariño, fixemos un diploma para "a mellor familia do mundo" e un marco de fotos moi primaveral que xa loce pendurado nas paredes das nosas casas. Non volo perdades.
Etiquetas:
5 anos
miércoles, 15 de mayo de 2013
DÍA DA FAMILIA, na clase de Casi
Os nenos e nenas de 4 anos, para celebrar o "DÍA DA FAMILIA" realizamos un agasallo moi especial, para as nosas familias.
Con cartulina fixemos un cartel para a porta. Nel lese, por un lado, o seguinte: "Nesta casa vive a mellor familia do mundo"; e polo outro, a foto da nosa familia.
Agora só nos queda pensar: en que porta o imos colocar?
Etiquetas:
4 anos
lunes, 13 de mayo de 2013
OLA RÍOS, OLA FONTE!, na clase de Casi e María
Ola ríos, ola fonte! é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea e poesía, maxia e música que pousa no corazón dos/as nenos/as ; imaxes onde a natureza e os animais teñen un lugar importante. Miguel Ángel Alonso e Jesús Andrés a través de textos propios e de Rosalía debuxaron unha Galicia viva e chea de esperanza.
Nesta actividade, da Concellería de Normalización lingüistica do Concello de Vigo, na que participamos os nenos e nenas de 4 e 5 anos acompañounos Iria, nai de Samuel, gran amiga de Miguel Ángel.
Para rematar a actividade fixemos, no chan, un debuxo de Rosalía, visto dende o noso propio punto de vista.
viernes, 10 de mayo de 2013
VISITA PAI SARAH, na clase de Casi
Hoxe recibimos a visita de Rober, o pai de Sarah. Viña acompañado de Loly e Pablo, a nai e o irmán de Sarah.
Nun principio non tíñamos idea do que viña a facer. Pero como or arte de maxia, e nunca mellor dito, coverteuse nun mago!!! Sí, sí nun mago!!! E Sarah fixo de axundante e transformaba todo coa súa barita máxica.
Fíxonos un montón de trucos: converteu a auga e auga de cores, unía pañuelos e aros, adiviñaba cartas... e un largo etcetera de trucos:
Foi xenial!!!
E para rematar regalounos unha barita máxica a cada un de nos, pero eso sí de chocolate, riquísima!!!
Etiquetas:
4 anos
VIAXAMOS CON NUBA, na clase de Chelo
Nuba levounos de viaxe por terra mar e aire, "foi fantástico"
Moitas grazas ás familias por colaborar cos seus proxectos marabillosos, que poderán verse nunha exposición mais adiante.
Esperamos que vos gusten.
Etiquetas:
3 anos
sábado, 4 de mayo de 2013
VIITA DOS PAIS DE SIMÓN, na clase de Chelo
Moitas Grazas aos pais de Simón en nome de todas as nais e no meu propio polo seu esforzo e dedicación ao realizar un agasallo tan orixinal e bonito, co que gozaron tanto os niñ@s, e supoño que as súas mamás tamén.
Creo que non fan falta moitas palabras para describilo porque é mellor velo.
Etiquetas:
3 anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)