Como estivemos a traballar o proceso e crecemento das plantas tratamos de facelo mais divertido, e fixemos un boneco ecolóxico, con sementes de céspede, serrín e unha media, decorámolo e o resultado foi o seguinte
Na casa deberedes seguir coidandoo, así traballaredes a responsabilidade, podedes regalo cada vez que vaiades notando que o necesita, e cortarlle o "pelo" cando e como queirades non necesita grandes coidados, xa que non é moi delicado, pódese mollar enteiro xa que os adhesivos non caen.
Boa sorte
Agora depende de vos.
Un saúdo
Chelo
0 comentarios:
Publicar un comentario