viernes, 29 de octubre de 2010
Halloween e Samaín
Esta semana estuvimos a celebrar no Cole o "Halloween" e "O Samaín". Para celebralo os nosos profes prepararon diferentes actividades. Eles e elas querían que pasasemos moitísimo medo, pero non o conseguiron; máis ben todo o contrario, pasámalo xenial! Os profes non contentos con facernos traballar a nós na clase, decidiron que tamén traballaran mamá e papá na casa. Bueno, mirade qué cousas fixemos!
sábado, 23 de octubre de 2010
Excursión ao Parque Forestal de Beade
O mércores fumos moi contentos ao cole.Sabedes porqué? Pois por que iamos de excursión ao Parque forestal de Beade. Menuda experiencia. Todo o día no monte, e sin papá nin mamá. Nos non sabemos como o pasaron eles (os nosos pais); pero nos pasámalo en grande! Pudimos ver o outono en vivo e en directo. Todo o que nos contaron os profes na clase era certo! As árbores tiñan moitas cores: marróns, laranxas, verdes, vermellas..., recollimos follas, landras, piñas... Foi un día dos que hai que repetir!
Os nenos e nenas de 3 anos visitan a Fundación Laxeiro
O pasado luns, 11 de outubro, os nenos e nenas de 3 anos visitamos a Fundación Laxeiro para ver a exposición que viran os nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos.
Foi unha experiencia increible! Ademáis era a nosa primeira saída do Colexio.
Pásamalo xenial, xenial!
viernes, 22 de octubre de 2010
Os nenos e nenas de 4 anos visitan as Fundacións: Laxeiro e Caixa Galicia
O pasado día 4 de outubro os alumnos e alumnas de 4 anos visitamos a Fundación Laxeiro e a Fundación Caixa Galicia. Na Fundación Laxeiro coñecimos a obra e a vida de Laxeiro. Ao remate da visita nos confeccionamos as nosas propias obras de arte. A continuación fumos a Fundación Caixa Galicia. Nela visitamos a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson. Contemplamos fotos da Galicia dos anos 20, viaxamos a cabalo e a pe, visitamos vilas e cidades... Esperamos que disfrutedes coas fotos. Os nosos e nosas compañeiras de 5 anos tamén foron a visitar estas fundacións, pero non temos fotos da súa visita.
Obradoiro de barro
As nais de Hugo, Laura Glez. Méndez e Alba estiveron na clase de 4 anos traballando cos nos. Fixemos a nosa man en barro. Pasámolo xenialllllllllllllllllll! Moitas grazas a: Conchi, Ana e Patricia
Etiquetas:
4 anos
jueves, 21 de octubre de 2010
Periodo de adaptación 3 anos
Queredes ver como o pasamos os nenos e nenas de 3 anos no mes de setembro?
E como será Papelotes, a súa mascota?
Etiquetas:
3 anos
Nova mascota en 4 anos
A ra Pascuala xa está cos nenos e nenas de 4 anos, e vailles facer pasar un ano cheo de sorpresas.
Benvida Pascuala!
Etiquetas:
4 anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)