viernes, 22 de marzo de 2013
DECORAMOS OVOS DE PASCUA COAS NAIS DE DIEGO E DE NOA, na clase de María
Este xoves, os nenos e nenas da clase de 5 anos recibimos unha visita moi especial. As nais de Diego e de Noa tiveron a excelente idea de compartir connosco unha actividade moi divertida: pintamos ovos de Pascua de cerámica. Nati e Ángeles amosáronnos diferentes formas de combinar e mesturar as cores. O resto fíxoo a nosa imaxinación. Ao rematar, regaláronnos ovos de chocolate e léronnos un conto. Foi moi divertido. Velaí o resultado!
Etiquetas:
5 anos
jueves, 21 de marzo de 2013
ACTIVIDADE TIC coa profe Betty, na clase de Casi
http://planticalborada.wordpress.com/2013/03/16/a-camara-dixital-en-4-anos/
Etiquetas:
4 anos
A GRANXA E O XARDÍN, na clase de Chelo
Preme no seguinte enlace:
http://snack.to/fciadlfm
http://snack.to/fciadlfm
Etiquetas:
3 anos
lunes, 18 de marzo de 2013
VISITA DE LUIS, O PAI DE XOEL, na clase de Casi
O venres recibimos a visita de Luis, o pai de Xoel; e con él fixemos unha viaxe fantastica polo mundo enteiro.
A través de diapositivas coñecimos diferentes; tipos de vivendas e os diferentes materiáis que se empregan para a súa construcción, os medios de transporte típicos de cada zona do mundo, as paisaxes que se atopan ao sair das casas, así como os animáis que transitan polas súas rúas...etc, etc.
Foi unha viaxe preciosa na que coñecemos moitas formas diferentes de vida.
Como remate a esta viaxe degustamos algúns alimentos típicos de algunas zonas do mundo: dulce de leite (Arxentina/Uruguai), anacardos (Brasil), humus (plato típico árabe) con tostadas...etc.
Tralo xantar, escoitamos e bailamos diferentes músicas das zonas que visitamos.
Moitísimas grazas Luis por esta viaxe; esperamos poder voltar a viaxar contigo.
Moitísimas grazas Luis por esta viaxe; esperamos poder voltar a viaxar contigo.
Etiquetas:
4 anos
viernes, 15 de marzo de 2013
VISITA Á GRANXA "APIPOLIS"
Onte saimos moi cedo do Colexio para visitar a granxa "APIPOLIS".
Ao chegar nos dividiron en 4 grupos, para poder visitar e traballar nos diferentes obradoiros: conto interactivo, elaboración de galletas de mel, extracción da mel, visita ao apiario, diferentes exposicións...etc.
Vivimos un día moi especial e pasámolo en grande!!!
Foron moitas as novas experiencias vividas; pero seguramente podedes adiviñar cal foi a máis increible, que non sabedes cal foi?
Pois mirades os vídeos e que cada quen saque as súa conclusión.
Chegada a "Apipolis", conto interactivo
e obradoiro de galletas
Obradoiro de extracción do mel
|
Visita ao Apiario |
Visita as exposicións e outras cousas |
viernes, 1 de marzo de 2013
CHARLA CSIC
Hoxe recibimos a visita de Luisa, membro da Axencia Estatal do CSIC; que é o maior organismo público de investigación científica en España e terceiro de Europa.
Luisa falounos da súa profesión e do traballo que neste organismo realizan ela e os seus compañeiros, descubriunos moitos segredos do mar e dos seus habitantes a través do noso amigo "Bob Esponja".
Poidemos ver, tocar e manipular diferentes animáis mariños e collimos, nas nosas mans, un tubo con "placton". Foi increible!!!
Luisa resolveunos tódalas dúbidas que tíñamos sobre Bob Esponja e os seus amigos (personaxes de debuxos animados, baseados en animais mariños e credos por un biólogo).
Para rematar regalounos unha pegatina, unha ficha para colorear e dúas cousas para que nos investigásemos con axuda de Casi.
Gustounos moitísimo!!!
Para rematar regalounos unha pegatina, unha ficha para colorear e dúas cousas para que nos investigásemos con axuda de Casi.
Gustounos moitísimo!!!
Moitas grazas Luisa.
NA CLASE DE CASI
NA CLASE DE CHELO |
VISITA DA NAI DE FONSI, na clase de Chelo
Hoxe recibimos a visita de Natalia (nai de Fonsi), e o seu irmán Adrián.
Foi unha festa marabillosa na que gozamos e aprendemos a tocar instrumentos.
Grazas Natalia por dedicarnos este día tan especial, e parabéns polo teu traballo.
Ata pronto.
Etiquetas:
3 anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)