.

.

lunes, 27 de octubre de 2014

PÓCIMAS MÁXICAS COA AXUDA DA "BRUXIÑA LÚA", na clase de Chelo

  1. Pócimas azuis,(da amizade), para cando queiramos que alguén sexa nosa amigo ou amiga.
  2. Pócimas vermellas,(do amor), para facerllas a aquelas persoas ás que queremos moito.
  3. Pócimas amarelas,(do perdón), para axudar a pedir perdón a alguén ao que facemos algo feo, e cústenos dicir sintoo, (esperemos que non sexan moitos).
Os ingredientes que necesitamos para facer as nosas pócimas máxicas foron:
  1. Saliva de rato, (ou vinagre).
  2. Cerebro de morcego, (ou lavalouzas )
  3. Sangue de diferentes criaturas terribles,(ou colorante )
  4. Partículas máxicas encantadoras, (ou purpurina)
  5. Dentes de dragón triturados,(ou bicarbonato,)
BOTADE UNHA OLLADA!!!!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 24 de octubre de 2014

NON TEMOS MEDO, na clase de Chelo

Na clase de 3 anos traballamos" Os Medos", xa que para traballar Halloween (bruxas, fantasmas, monstruos,etc)temos que estar preparados, aínda que nos levamos unha sorpresa, porque todos os nenos/as son moi valentes, e están encantados de que Lúa, sexa unha bruxiña..."iso si...boa".
A partir de hoxe chega o bo, porque empezamos picando unha cabaza, pero iso é só o principio...
¡ ¡ ¡ Non volo perdades !!!

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 22 de octubre de 2014

O CONTO DE ASIER, na clase de Casi

Hoxe no "Día do conto", Asier truxo o conto: LOS INCREIBLES. Foi un día para compartir e disfrutar da lectura.

Click to play this Smilebox slideshow


martes, 21 de octubre de 2014

PRGRAMA DE ESTIMULACIÓN FONOLÓXICA PARA PRELECTORES, na clase de Yure

Programa de estimulación fonolóxica para prelectores, na clase de Yure:
O pasado Xoves ó rematar a clase de Inglés, a Teacher Adela non marchou. Quedou con nos e cos profes Yure e Moncho para comezar unha actividade nova que imos facer durante todo o curso. Os mestres falaban dun programa de non sei que, que vai a axudarnos a aprender a ler. Non sabemos a que se referían pero pasámolo en grande xogando cos noss narices, cos compañeiros, falando... xa nos tarda que chegue o xoves para ver con qué cousa nova sorpréndenos Adela.

Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 17 de octubre de 2014

XOGOS MUSICAIS, na clase de Casi


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertou esta actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar: Xogos musicais.
Obradoiro destinado a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical, con melodías, cancións e danzas en colectivo, co galego como idioma vehicular.
Comezamos o obradoiro cun par de cantigas con letras sinxelas e repetitivas, explicaronnos  os instrumentos cos que tocaban, para rematar bailando todos unhas  danzas básicas con pasos moi doados.

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 15 de octubre de 2014

O CONTO DE ANA CID, na clase de Casi

Hoxe no "Día do conto", Ana Cid truxo o conto: 101 Dalmatas. Foi un día moi bonito, no que compartimos, falamos, olleamos...etc e disfrutamos de unha boa lectura.
Click to play this Smilebox slideshow


ESQUEMA CORPORAL, na clase de Chelo

Na clase de 3 anos estamos a aprender a traballar o esquema corporal, si queredes podedes practicar na casa.
Tamén traballamos no ximnasio coa profe Verónica, e cantamos coa teacher Adela.
Botádelle unha ollada.

Click to play this Smilebox slideshow


martes, 14 de octubre de 2014

VISITA DA NAI ANA CID, na clase de Casi

Hoxe recibimos, novamente, a visita de Paula, a nai de Ana Cid.
Hoxe viu a seguir traballando a lingua de signos. Si o martes pasado traballamos os animáis, hoxe trballamos sobre os alimentos e, en especial, os alimnetos que traemos de merenda.
Logo fixemos un bingo, como o de os maiores; e nos tamén cantamos: BINGOOOOO! e un xogo de parellas, na que tíñamos que unir os debuxos que representasen o alimento co seu signo.
Pasámelo xenial!
Moitísimas grazas Paula.
Ata pronto!

Click to play this Smilebox slideshow


LIBRO VIAXEIRO, na clase de Chelo

Educación Infantil de 3 anos puxo en marcha a actividade itinerante denominada "Libro viaxeiro". A cadela "Lúa" será a mascota que acompañará toda a experiencia.
Cada tres días, o Libro viaxeiro e a mascota chegarán incansables ás casas dos nenos e nenas onde as familias poderán escribir as súas aventuras con Lúa e colocar as fotografías que crean convenientes
Con esta experiencia pretendemos:
• - Implicar ás familias, fomentando a relación coa escola.
• - As familias poderán coñecer o traballo doutros nenos/as e as súas respectivas familias.
• - Reforzar temas ou contidos traballados.
• - Que os nenos/as se sentan verdadeiros protagonistas, compartindo cousas da súa casa cos demais.
• - Aprender a escoitar, respectar e interesarse polo traballo elaborado polos seus compañeiros/as.
• - Potenciar a formación en valores: tolerancia, respecto mutuo, escoita, colaboración, diversidade, sentimentos, empatía...
• - Valorar a linguaxe como forma de expresión de información, sentimentos, emocións, ...
• - Animar a ler e escribir.
Esperamos que as familias gocedes da visita de Lúa. ¡Moitas grazas pola vosa colaboración!
¡¡¡¡INES E KIRA!!!! xa participaron......

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 8 de octubre de 2014

O CONTO DE ANXO, na clase de Casi

Hoxe iniciamos unha nova actividade na clase. Co fin de fomentar o gusto pola lectura, creamos o "Día do conto".
Cada mércores, un neno o nena de clase, vai traer o conto que desexe; para ensinalo aos compañeiros e compañeiras, contarlles o que queiran sobre el e despois lelo.
Hoxe Anxo trouxonos o conto "En primera plana" de Bob Esponja.




Click to play this Smilebox slideshow