.

.

martes, 14 de octubre de 2014

LIBRO VIAXEIRO, na clase de Chelo

Educación Infantil de 3 anos puxo en marcha a actividade itinerante denominada "Libro viaxeiro". A cadela "Lúa" será a mascota que acompañará toda a experiencia.
Cada tres días, o Libro viaxeiro e a mascota chegarán incansables ás casas dos nenos e nenas onde as familias poderán escribir as súas aventuras con Lúa e colocar as fotografías que crean convenientes
Con esta experiencia pretendemos:
• - Implicar ás familias, fomentando a relación coa escola.
• - As familias poderán coñecer o traballo doutros nenos/as e as súas respectivas familias.
• - Reforzar temas ou contidos traballados.
• - Que os nenos/as se sentan verdadeiros protagonistas, compartindo cousas da súa casa cos demais.
• - Aprender a escoitar, respectar e interesarse polo traballo elaborado polos seus compañeiros/as.
• - Potenciar a formación en valores: tolerancia, respecto mutuo, escoita, colaboración, diversidade, sentimentos, empatía...
• - Valorar a linguaxe como forma de expresión de información, sentimentos, emocións, ...
• - Animar a ler e escribir.
Esperamos que as familias gocedes da visita de Lúa. ¡Moitas grazas pola vosa colaboración!
¡¡¡¡INES E KIRA!!!! xa participaron......

Click to play this Smilebox slideshow


0 comentarios:

Publicar un comentario