.

.

viernes, 11 de octubre de 2013

O COLEXIO CON OTO, na clase de Chelo

En 4 anos estamos a traballar O COLEXIO CON OTO e estamos a aprender a escribir o noso nome....."Alguns xa o sabemos"...e fixemos un debuxo do colexio, (no que estamos con OTO)
Esperamos que vos gusten.
Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 10 de octubre de 2013

miércoles, 9 de octubre de 2013

LÚA A MASCOTA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS, na clase de Casi

Os protagonistas nas clases de infantil, deste ano, son uns canciños chamados LÚA, OTO e BIMBA, que vivían xuntos na casa dun famoso científico, o doutor Emóticus. O científico pasaba moitas horas no seu laboratorio facendo experimentos. O seu obxectivo era encontrar unha fórmula maxistral para facer rir a xente.
Hai tempo, chamaron o doutor Emóticus para que comezase unha investigación moi importante nun lugar afastado, e tivo que marchar de viaxe.
Antes de marchar de viaxe, o doutor Emóticus deixou os cachorros con tres familias veciñas. Ata o seu regreso, cada canciño viviría con elas.
Lúa quedou cos papás de Noa e Mateo. Os seus novos amigos son dous xemelgos de tres anos cos que a cadeliña vive emocionantes aventuras.
Lúa axudará a Noa e a Mateo a enfrontarse a algunhas situacións dificiles. E eles están encantados de tela na casa.
Lúa non é unha cadeliña como as demáis. Desde que se manchou por accidente, ten unha mancha rosa arredor do ollo esquerdo.
Un día, Lúa, Oto e Bimba xogaban no laboratorio do doutor Emóticus, que acababa de inventar un líquido chamado "esencia de confianza".
Lúa mirou co seu ollo esquerdo polo tubo, e manchouno de cor rosa. Desde entón, se Lúa desexa algo con moita forza, mírao, mírao e...chas!, o seu desexo cúmprese.
Os nenos e nenas de 3 anos estamos encantados de tela na clase!

Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 7 de octubre de 2013

ESTAMPACIÓNS COAS MANS, na clase de Casi

Durante os primeiros días de clase, despois do periodo de adaptación, ademáis de traballar: hábitos e rutinas; estamos empezando a traballar a cor vermella e as diferentes partes do corpo.
Unha boa proba de como realizamos algúns deses traballos tédelo a continuación, na seguinte reportaxe. Esperamos que vos guste o que estamos a facer na aula!!!

Click to play this Smilebox slideshow


sábado, 28 de septiembre de 2013

CUMPLES AGOSTO E SETEMBRO

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow

NA CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox slideshow

NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox greeting


OS PRIMEIROS DÍAS CON OTO, na clase de Chelo


Os nen@s de 4 anos á volta ao cole encontrámonos coa sorpresa dunha nova mascota, chámase OTO, é un cadelo moi especial que ten as orellas e o lombo azul, porque …(estando no laboratorio con Emóticus tropezou e caeulle enriba o "zume da escoita") e por iso agora escoita todo aínda que esteamos moi lonxe.....
Non podemos facer ruído, porque senón non irá á nosa casa. (algúns xa o levaron)….e todos desexamos presentárllelo ás nosas familias. “ASÍ QUE ESTAMOS A PORTARNOS MOI BEN …..E CON UN POUQUIÑO DE PACIENCIA, (porque somos moitos), pero tod@s ímolo conseguir axiña




Click to play this Smilebox slideshow


BIMBA: A NOVA MASCOTA DE 5 ANOS

Co comezo do novo curso escolar coñecemos a nosa nova mascota de 5 anos, Bimba. É unha dálmata pero as suas manchas son de cor morada ¿e iso?, a perriña bebeu o "xarabe da alegría" do seu dono, o científico emóticus. Agora Bimba ten un poder moi especial, todos os que a teñen cerca e atocan póñense contentos.
E contentos estamos nos por coñecer a nosa mascota que vai pasar o curso na aula de 5 anos xa que o seu dono esta a buscar unha fórmula maxistral para facer rir á xente.
Mirade, mirade.... xa chegou Bimba.

Click to play this Smilebox scrapbook


jueves, 26 de septiembre de 2013

PERIODO DE ADAPTACIÓN

O pasado día 11, comenzou un novo curso escolar. Un novo curso cargado de ilusións e novas vivencias.
Con este novo curso chegaron os novos e novas alumnos/as de 3 anos. Pouco a pouco foron adaptándose aos novos compañeiros/as,aos  profes e ao novo entorno.
De seguido, presentámosvos aos novos alumnos/as e como foi o seu periodo de adaptación.
Click to play this Smilebox slideshow



jueves, 12 de septiembre de 2013

XA ESTAMOS DE VOLTA

En breve, xa estaremos por aquí, para que vexades todo o que está a acontecer nas aulas de infantil.
Non desesperedes! Voltamos axiña!

domingo, 30 de junio de 2013