.

.

miércoles, 9 de octubre de 2013

LÚA A MASCOTA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS, na clase de Casi

Os protagonistas nas clases de infantil, deste ano, son uns canciños chamados LÚA, OTO e BIMBA, que vivían xuntos na casa dun famoso científico, o doutor Emóticus. O científico pasaba moitas horas no seu laboratorio facendo experimentos. O seu obxectivo era encontrar unha fórmula maxistral para facer rir a xente.
Hai tempo, chamaron o doutor Emóticus para que comezase unha investigación moi importante nun lugar afastado, e tivo que marchar de viaxe.
Antes de marchar de viaxe, o doutor Emóticus deixou os cachorros con tres familias veciñas. Ata o seu regreso, cada canciño viviría con elas.
Lúa quedou cos papás de Noa e Mateo. Os seus novos amigos son dous xemelgos de tres anos cos que a cadeliña vive emocionantes aventuras.
Lúa axudará a Noa e a Mateo a enfrontarse a algunhas situacións dificiles. E eles están encantados de tela na casa.
Lúa non é unha cadeliña como as demáis. Desde que se manchou por accidente, ten unha mancha rosa arredor do ollo esquerdo.
Un día, Lúa, Oto e Bimba xogaban no laboratorio do doutor Emóticus, que acababa de inventar un líquido chamado "esencia de confianza".
Lúa mirou co seu ollo esquerdo polo tubo, e manchouno de cor rosa. Desde entón, se Lúa desexa algo con moita forza, mírao, mírao e...chas!, o seu desexo cúmprese.
Os nenos e nenas de 3 anos estamos encantados de tela na clase!

Click to play this Smilebox slideshow


0 comentarios:

Publicar un comentario