Queremos presentarvos o noso LIBRO ENCADEADO.
Tal vez esteádesvos preguntando que é isto.
Un LIBRO ENCADEADO é un libro que viaxa.
Como LIBRO encerra unha historia que hai que crear e que se creou.
Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o amor cara ao mundo das palabras.
Como VIAXEIRO cada semana entrou no fogar dunha familia co obxectivo de realizar unha actividade colaborativa; e encadeando as historias narradas por cada un das familias da clase.
O noso desexo era tecer unha rede que estreite os lazos entre a escola e a familia a través da creación conxunta dunha historia na que toda a comunidade educativa, o colexio, os nenos e as súas familias sintamosnos implicados.
Para conseguir o obxectivo foi fundamental a colaboración das familias.
O LIBRO ENCADEADO chegou a cada fogar un só venres e regresou ,á aula, o luns seguinte.
Unha vez en casa, cada familia leu todo o escrito anteriormente para así poder continuar a historia.
Os maiores foron os encargados de estimular a creación e de plasmar por escrito como quisechedes que continúe a historia, unha vez chegásedes a un consenso.
Tamén cooperachedes para crear as ilustracións que dan cor e beleza ao texto escrito.
Este é o resultado final do noso "Libro encadeado". Grazas a toas as familias pola vosa implicación e colaboración.
1 comentarios:
Ha quedado genial!!!!
Que bonito trabajar en equipo.
Sandra.
Publicar un comentario