.

.

viernes, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO, na clase de Yure

Para conmemorar o día do libro estivemos falando dos nosos contos preferidos, compartindo cos demais as historias e debuxando novas aventuras.
Grazas a Victor, o pai de Adrián que visitounos para ensinarnos os contos tolos, por vir pasar connosco un rato moi divertido rodeados de marionetas, imaxinación e moitas maneiras diferentes de disfrutar dun conto.
E como actividade estelar no día do libro, cada neno trouxo contos da súa casa para compartir cos compañeiros e para facer a actividade do "Top libro". A acollida foi moi boa en todo o colexio. Todos os nenos querían entregar o seu vale para facer o trueque, mirade que cantidade de libros!!!

Click to play this Smilebox slideshow


0 comentarios:

Publicar un comentario