No Colexio estamos a realizar a actividade de Educación para a saúde, ALMORZOS SAUDABLES na idade escolar, co gallo de que coñozamos a importancia que ten un almorzo como primeira comida do día, e as variedades deles que hai, e así poder facer unha alimentación agradable e axeitada.
Hoxe, os nenos e nenas de 4 anos, tomamos o almorzo mediterraneo, que consiste en: rebabnada de pan, tomate, aceite, leite, cacao e zume de laranxa.
Que como estaba? Pois so tedes que mirar a s nosas caras e os nosos platos!!!
E o próximo xoves outro almorzo!
0 comentarios:
Publicar un comentario