O día do libro Cristina, a nai de Xoel regalounos a Elmer. ¿Quen é Elmer?, un elefante moi especial porque non é gris, é de moitas cores. Moitas grazas polo regalo que levounos a descubrir milleiros de cousas. Coñecemos o conto e a historia de Elmer, coñecimos a súa familia, investigamos e ¿sabedes que atopamos?, ó autor que pintou a Elmer, Paul Klee. Así que convertímonos todos en pequenos artistas e pintamos con moitos cores diferentes a nosa propia manada de elefantes.
Pero non creades que só estivemos a falar de elefantes... tamén falamos dos animais da selva, estivemos a leer contos sobre xirafas, hipopótamos, cebras... ¿sabedes con quen? con Fan, o irmán de Elmer que quedou na clase de cinco porque vai ser a nosa mascota da biblioteca. Toda unha aventura, a ver se vos gusta tanto coma a nos.
https://www.youtube.com/watch?v=zWkn9fhLPuk
0 comentarios:
Publicar un comentario