Xa fai uns días, estivemos a traballar a cor verde na clase. As actividades que realizamos tiñan como obxectivo a interiorización da cor verde, e a través dela dar inicio aos traballos de Nadal.
Cada un de nos levamos da casa un obxecto verde; comentámoslles a todo que era, o noso obxecto, e para que servía o que utilidade lle dábamos nos.
Coloreamos unha árbore de nadal e puxémoslle bolas vermellas, entre outras cousas. Para rematar a actividade fixemos unha árbore con todas as mans dos nenos e nenas da clase. Quedounos superchulo!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario