.

.

domingo, 30 de junio de 2013

O LIBRO VIAXEIRO DE MOLI, na clase de Casi

O libro viaxeiro de Moli, é precisamente iso, un libro que viaxa.
Como libro encerra unha historia que hai que crear.
Esta iniciativa tiña como obxectivo fomentar o amor cara o mundo das palabras.
Como viaxeiro cada semana entrou no fogar de cada familia da clase, co obxectivo de realizar unha actividade coloborativa.
Naceu co desexo de tecer unha rede que estreite os lazos entre a escola e a familia a través da creación conxunta dunha historia na que toda a comunidade educativa, o Colexio, os nenos/as e as súas familias sintámonos implicados.
O libro viaxeiro chegou cada venres ao fogar dunha familia e regresou á aula o luns seguinte.
Unha vez na casa, tiñan que leer en familia todo o escrito anteriormente para así poder continuar a historia.
Os maiores foron os encargados de estimular a creación e de plasmar por escrito como querían que continuase a historia, unha vez chegado aun consenso.
Tamén tiveron que cooperar na creación das ilustracións que deron color e beleza ao texto.

Grazas a tódalas familias pola vosa IMAXINACIÓN!!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario