.

.

jueves, 23 de diciembre de 2010

FESTA DE NADAL

Dende que escomenzou a nosa viaxe polo mundo ata hoxe, aprendimos moitas cousas das costumes, tradicións, da cultura...etc,etc pero xa está ben de tanto estudar. Chegou a hora da troula!!
Os nenos e nenas de infantil, o último día de clase fomos a ver a obra de teatro que prepararon os nosos compañeiros e compañeiras de 1º EP; por certo, fixeronlo xenial!!
Despois chegou o noso turno, tiñamos que cantar as panxoliñas que os profes: Chelo, Yure e Casi nos aprenderan na clase. Os de tres anos cantamos: Rodolfo, el reno. Os de catro anos: La orquesta original. Os de cinco anos: Mi burrito sabanero.
A presión do "directo" fixo estragos e quizas, non o fixemos moi ben; pero eso si puximoslle moitisimo interés e o máis importante: que pai o nai pode dicir que os seu fillo ou filla non foi o millor?
Pois deixámosvos con as fotos deste día.
Click to play this Smilebox slideshow

0 comentarios:

Publicar un comentario