.

.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

COUSIÑAS DE OUTONO, na clase de Yure

Xa a piques de rematar o outono non podíamos esquecer ensinarvos as manualidades que fixemos na clase...
Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 1 de diciembre de 2014

VISTA DAS NAIS DE: LUCAS E ALBA, na clase de Casi

O pasado venres recibimos a visita de Vero e Ana, nais de Lucas e Alba. A qué virían esta vez?
Pois viñeron a contarnos o conto de "Caperuchiña vermella" e a facer una manualidade; na que tivemos que recortar, montar e  pegar, par poder facer un lápis de caperuchiña.
Qué ben o pasamos!!! 
E para rematar regaláronnos unhas chocolatinas riquísimas!!!
Moitísimas grazas.
Click to play this Smilebox slideshow


EDUCANDO EN IGUALDADE, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 27 de noviembre de 2014

OUTONO, na clase de Casi

Durante un largo período de tempo, estivemos a traballar sobre o OUTONO. As súas cores, as súas características, a climatoloxía, a roupa desta estación, os froitos e froitas típicos, as súas festas e tradicións....etc.
Cada un de nos aportou: follas, piñas, froitas como a mazá, mandarina. kiwi, granada..., froitos como as avelás, nocese améndoas, contos, adivñas, poesías, cancións, rimas etc E con todo elo creamos un banco de recursos para traballar esta estación do ano.
Tamén confeccionamos unha coroa de outono e con un brick de leite fixemos un recipiente para levar as castañas o día do MAGOSTO.
Foron moitas e moi variadas as actividades que levamos a cabo, ao longo deste mes.
Como remate probamos, saboreamos un delicioso marmelo feito pola nai de Ana Cid (Ummmm, qué rico estaba!!!), e tamén aprendimos como se fai e que ingredentes leva.
Como vedes foi un outono moi intenso!!!!
Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 26 de noviembre de 2014

O CONTO DE NOA, na clase de Casi

Unha semana máis, chegou "O día do conto". Hoxe tocoulle o turno a Noa, elexiu o conto: Lolo un conejo diferente.
Empezamos por coñecer un pouco da historia de Lolo, contada por Noa; continuamos coa lectura do conto, para rematar co dibuxo de Lolo. E que ben quedou!
Un mércores máis disfrutando da lectura!

Click to play this Smilebox slideshow


VISITA DA NAI E DA TÍA DE ANA CID; E TÍAS DE ASIER, na clase de Casi

Hoxe recibimos a visita de Paula, a nai de Ana Cid e a súa tía, Carlota; as dúas tías de Asier.
Contaronnos un conto moi bonito sobre uns ratiños de cores, e xusto cando Paula decía: "Conto contado, conto rematado" entroulle unhas ganas de estornudar e sabedes o que pasou? Todos os debuxos do conto caeron ao chan e tivemos que volver a contar o conto de novo, para colocar cada debuxo no seu sitio.
Despois nos pintaron uns bigotes e un nariz de rato.A  continuación xogamos a "ratón cego"; no que tíñamos que buscar nunha caixa, só metendo a man e  sin mirar, un obxecto.
Mirade que ben o pasamos!!!!
Click to play this Smilebox slideshow


martes, 25 de noviembre de 2014

CUMPLES NOVEMBRO

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow

NA CLASE DE YURE

Click to play this Smilebox slideshow


DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, é o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller". Unha data moi importante, e que na escola non quisimos pasar por alto.
Por que este Día internacional?
Debido a que:
  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Até un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.

lunes, 24 de noviembre de 2014

VISITA NAI DE ASIER, na clase de Casi

Hoxe ribimos a visita de Noemi, a nai de Asier.
Viña con un firme e dulce propósito: converternos en pasteleiros; sí, sí en pasteleiros!!!
Coa a súa axuda e a colaboración de todos e todas elaboramos dúas tartas de galletas, crema e chocolate; e que boa pintan teñen e como saberán?
Pois temos que esperar a mañan; pois son as tartas do cumple de Asier, que celebraemos o martes.
Pois nada toca esperar!
Click to play this Smilebox slideshow


O MAGOSTO, na clase de Chelo

Por fin puidemos celebrar a festa, e convertémonos en castañeiras e castañeiros
e saboreamos as riquísimas castañas.
BOTÁDELLE UNHA OLLADA!!!


Click to play this Smilebox slideshow