.

.

domingo, 2 de noviembre de 2014

SAMAÍN, na clase de Casi

Durante o tempo de Samaín fixemos moitas cousas, típicas desta época como unha cabaza; pero tamén fixemos unha coroa de morcego, o unha pantasma.
pero non todo vai ser traballar non? Pois tamén cantamos e bailamos, maquillámonos como: zombis, vámpiros, monstruos...etc e para rematar nada mellor que unha boa merendola.
Mirade que ben o pasamos!
Click to play this Smilebox slideshow


SAMAÍN FAMILIAR, na clase de Casi

Un ano máis as familias colaboraron na celebración do Samaín e un ano máís volveronnos a sorprender coa súa imaxinación, destreza e creatividade.
Moitísimas grzas a todas as familias e noraboa polo  traballo ben feito.

Click to play this Smilebox slideshow


HALLOWEEN CON ADELA, na clase de Casi

Como non podía ser menos, xa que é a profe de inglés, coa profe Adela fixemos moitas actividades de halloween. Aquí podedes ver unhas pantasmas que fixemos con témpera e as nosas mans.
Esperamos que vos gusten!

Click to play this Smilebox slideshow


PSICOMOTRICIDADE E SAMAÍN, na clase de Casi

Durante esta semana tamén estivemos a traballar, coa profe Vero nas clases de psicomotricidade, o Samaín. Fixemos moitas e divertidas actividades, baseadas en animáis e obxectos típicos de esta festividade. 
Fixemos os seguintes xogos:
  1. As meigas
  2. Diferentes probas:
  •  bailamos coma vampiros
  • camiñamos e maullamos coma gatos
  • andamos coma momias
  • convertimosnos en arañas
  • volamos como morcegos
  • imitamos a risa de unha meiga
       3- Baile da escoba
Click to play this Smilebox slideshow


VISITA DAS NAIS DE:TEO, XIAN E ADRIÁN CONDE, na clase de Casi

O pasado mércores, recibimos a visita de: Cris, Xandra e Monse as nais de Teo, Adrián Conde e Xian respectivamente.
Nunha semana adicada por completo ao Samaín, non podían vir a outra cousa, non? Pois claro que sí, fixemos con elas unha manualidade de Samaín.
Cun un plato blanco, papel crepe laranxa, triángulos de cartulina negra, cartulina verde e pegamento fixemos, cada un/unha de nos, unha cabaza.
Menuda mañán mais divertida e entretida pasamos.
E para rematar agasalláronnos cun chupa-chups pantasma.
Moitísimas grazas!!!
Click to play this Smilebox slideshow


CUMPLES OUTUBRO

NA CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox slideshow

NA CLASE DE CASI

Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox slideshow


PSICMOTRICIDADE, na clase de Chelo

Coa profe Verónica tamén fixemos dous xogos de halloween:
1- A cabaza explosiva
2- Diferentes probas:
- bailamos como vampiros
- camiñamos e maullamos como gatos
- andamos como momias
- convertémonos en arañas
- voamos como morcegos
- camiñamos como bruxas encima da escoba
- convertémonos en cabazas

Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 31 de octubre de 2014

FESTA TERRORÍFICA!!!!, na clase de Chelo

Hoxe foi un día esgotador, estivemos a piques de non poder marcharnos, xa que tivemos moito traballo.
DECORAR os nosos dulceiros de bruxiña, “COCIÑAR” as nosas cabazas, sándwiches de (pavo e xamón sen gluten), e queixo, flocos de millo, gusanitos, chuches, etc.
Cabazas de mandarina e pantasmas de plátano, etc.
Maquillámonos, bailamos, etc.
Perdemos o medo a todo….(iso si, se cadra os que damos medo agora somos nós…….)
Esperamos que gocedes tanto como nós ao vernos!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


HALOWEEN FAMILIAR, na clase de Chelo

Parabéns a todas as familias pola súa colaboración, e o gran esforzo para conseguir o resultado tan marabilloso que podedes comprobar botando unha ollada) .
E agradecer á mamá de Pablo polo seu agarimo e dedicación, ao realizar os regaliños tan preciosos que nos fixo para todos. Eres unha artista.
GRAZAS A TODOS!!!


Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 30 de octubre de 2014

ACTIVIDADES MONSTRUOSAS, na clase de Chelo

Estes días na clase de Lúa non paramos de traballar, coa profe Alba, Adela, Chelo, (cada día que pasa temos menos medo), porque xa nos convertemos en pantasmas, arañas, etc, e aínda non acabamos.
Non vos asustedes!!!!

Click to play this Smilebox slideshow