.

.

viernes, 13 de junio de 2014

VISITA DA NAI DE EMMA E NOA, na clase de Casi

A semana pasada, recibimos a visita da Sandra, nai de Emma e Noa, e Yoli, unha amiga súa.
Fixemos, con elas, unhas marionetas de dedo con fieltro. Trouxeron catro modelos: unha porquiña, un can, un oso e unha ra. Cada un de nos poidemos elexir a que queríamos facer.
Foi moi divertido pegar cada unha das partes, para formar a nosa marioneta. 
Para rematar a actividade, deronnos unha piruleta a cada un/unha.
Moitas grazas Sandra e Yoli.

Click to play this Smilebox slideshow


GALLETAS CON LOLI E VERO, na clase de Yure

Xustiño antes do festival, para calmar os nervios do estreno visitáronnos a nai de Sarah (Loli) e a nai de Xira (Vero).
Trouxeron uns fornos máxicos e tódolos ingredientes necesarios para cociñar unhas deliciosas galletas con chocolate.
O taller relaxounos moito e encantounos o de amasar e poder probar a masa antes de metela no forno.
Cando volvimos do recreo as galletas estaban recién feitas, incrible pero os fornos funcionaron á perfección.
Cheamos o bandullo coas deliciosas galletas e para poder compartir as sobrantes coas nosas familias fixemos unhas bolsas bolboretas moi orixinais. Grazas Loli e Vero por unha mañán tan deliciosa Mmmmmm....

Click to play this Smilebox photo album


jueves, 12 de junio de 2014

CONSTELACIÓNS, na clase de Yure

Para rematar os traballiños que Bimba ensínanos na clase estivemos a estudiar cousiñas do espacio. Pero somos tan listos que xa coñecíamos os planetas, a terra, a lúa, o Sol... despois de darlle moitas voltas ó tema, Moncho e Yure pensaron que podían buscar as constelacións dos signos do zodiaco, e ¿sabedes quen se apuntou á actividade? a profe Betty. En informática trazamos a nosa constelación e logo na clase creamos a nosa carta astral.
Descubrimos que en clase hai moitos nenos/as acuarios, só hai dous tauros, na clase hai unha nena libra e dous virgo, non hai ningún aries, Moncho e piscis, Yure é Géminis... Moi divertido descubrir cousas dos signos, quen sabe se agora seremos uns forofos do horóscopo...
https://www.youtube.com/watch?v=hCPp60TNuyo
Click to play this Smilebox slideshow


ESCOLA DE ASTRONAUTAS, na clase de Yure

O xoves visitounos o pai de Xoel, Luis que é un experto nas escolas de astronautas segredas. Resulta que na nosa clase tamén hai unha escola de esas e tivemos que facer unha serie de probas para comprobar que podíamos subir a nosa nave e percorrer o espacio, e mirade con que destreza manezamos a nave...
Click to play this Smilebox slideshow


ACTIVIDADE FAMILIAR, na clase de Chelo

Onte, mércores, recibimos aos pais de Xoana e a nai de Paula sorprendéronnos cunha actividade que nos encantou, e esperamos que disfruteis moito, tanto alumnos coma pais/nais.
Moitas grazas por facérnoslo pasar tan ben.

Click to play this Smilebox slideshow


VISITA DA NAI DE XIRA, na clase de Yure

Visita da nai de Xira, na clase de Yure:
Cos nervos de preparar o festival e o fin de curso esquecéusenos contarvos que o venres visitounos Vero, a nai de Xira. Transformámonos en príncipes e princesas para facer o noso castelo, non era un castelo dos que todos coñecemos... era cun brick de leite, un montón de ventás e moita brilantina. O rematar a noa manualidade todos levamos para casa o noso castelo-lapiceiro. Que boa idea!!!, grazas Vero, volve cando queiras.
Click to play this Smilebox slideshow


domingo, 8 de junio de 2014

VISITA DA NAI DE ÁNGEL, na clase de Casi

O venres, recibimos a visita de Vero, a nai de Ángel; menuda sorpresa!!!!
Nos que estavamos sentadiños, escoitando un conto e de repente `petaron na porta e apareceu ela.
Con Vero fixemos uns fantasmas moi, moi doces. Queredes saber como os fixemos, pois moi fácil; un chupa-chups, un trozo de tela, unha goma e uns ollos. Facil, non?
Pois mirade o resultado.
Moitísimas grazas, Vero.
E non te esquezas, que quedaches en volver!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


martes, 3 de junio de 2014

ACUARIOS, na clase de Chelo

Despois do estudo dos animais mariños queriamos poder levarnos algúns para casa, polo que se nos ocorreu realizar uns acuarios para que poidan seguir connosco.
Esperamos que sexan do voso agrado.

Click to play this Smilebox slideshow


domingo, 1 de junio de 2014

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL JUAN CAMPAÑEL, na clase de Yure










O venres os nenos e nenas de 5 anos visitamos a Biblioteca Municipal aproveitando a celebración da semana do libro. Mergullámonos nun milleiro de historias e disfrutamos en grande cos libros, películas, música, revistas... que alí había. E sabedes que? ata Doraemon é socio da biblioteca, e Dora, e as Monster high... non o credes? pois acercádevos a sala xuvenil e xa veredes cantas sorpresas os agardan.
Click to play this Smilebox photo album


CUMPLES MAIO

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox slideshow