.

.

jueves, 12 de diciembre de 2013

VISITA DA NAI DE LUCAS, na clase de Casi

Hoxe recibimos unha novoa visita, e xa os podemos anunciar que non será a última desta semana. Viu a visitarnos a mamá de Lucas.
Con ela, pasamos un rato moi agradable e divertido. Fixemos un boneco de neve con: discos de desmaquillar, cartulina, algodón, estrelas e tips (fécula de patata).
Pouco a pouco, baixo a súas indicacións, e tomando coma referencia o que ela traia feito, fumos construido o noso propio boneco de neve; puxemoslle o corpo, o nariz, a boca, a bufanda....etc. Que ben o pasamos!
E despois, como remate, convidounos a turrón de chocolate. Umm, que rico estaba!!!
Moitas grazas Vero, pola túa visita. Ata pronto!

Click to play this Smilebox slideshow


UN NADAL ABERTO AO MUNDO: INDONESIA

Hoxe iniciamos, oficialmente, o traballo sobre o Nadal.
Este ano, na etapa de Infantil, imos a traballar: "UN NADAL ABERTO AO MUNDO".
Como punto de partida, eleximos o nadal en Indonesia.
En Indonesia, durante o mes de decembro as lámparas de arcila cubre as paredes dos fogares de Indonesia, tal e como se fai na festividade de Diwali.
As flores de Pascua decoran multitude de fogares, son as flores elexidas para decorar as iglesias para a misa do galo. O colorido destas flores aporta alegría a estas datas e pola importancia que toma esta planta o día 12 de decembro celébrase o día da flor de Pascua. Un día na que as familias a utilizan para decorar os seus fogares e realizan os tradicionais abanicos de pascua cos que adornar a árbore e que se utiliarán como centro de mesa a noite do 24 de decembro.
Cada unha das aulas de infantil visionou a presentación feita polo profe Moncho, sobre Indonesia e elaborou o seu abanico de pascua.
Deixámosvos xa co vídeo de presentación da actividade e cos traballos feitos en cada clase; pero antes queremos desexarvos: Selemat Hari Natal, e decir: Bo Nadal.
Presentación sobre Indonesia: Nadal en Indonesia

Na clase de Casi
Click to play this Smilebox slideshow


Na clase de Chelo
Click to play this Smilebox slideshow

Na clase de Yure
Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 11 de diciembre de 2013

VISITA DOS PAIS DE XIAN, na clase de Casi

Hoxe recibimos a visita de Montse e Jose, os pais de Xian. Menuda sorpresa!!! Xian non daba credito ao que estaba a pasar, e non sabía ben si estaba a soñar ou era certo que seus pais estaban na súa clase.
Pois Montse e Jose, dada a época na que estamos, chegaron moi moi navideños.
Con eles fixemos unha estrela dourada, chea de porpurina, que nos encheu de brillos dourados por todos os lados, e nos encántadisimos de estar así brillosos.
Pois, como os estábamos a contar, fixemos unha estrela dourada cunha foto nosa (vestidos de Papa Noel, que lle mandara facer Montse ao profe Casi) e puxémoslles: un lazo vermello, dúas ou tres biliñas de algodón, unha estreliña moi pequena e un cordel para podela colgar, en casa, do noso árbol.
Encantounos facer esta estrela, e pasámolo moi ben!!!
Moitas grazas a Montse e Jose, polo voso tempo e polo agasallo tan fermoso que nos axudaches a facer.

Click to play this Smilebox slideshow


martes, 10 de diciembre de 2013

VISITA DE MABEL E VICTOR, na clase de Chelo

Hoxe visitáronnos Victor (o pai de Adrián), e Mabel (nai de Claudia Alonso),e
pasámolo xenial.
Cantamos e bailamos as cancións de Oto, e ensináronnos a facer unha barba e un bigote de Papá Noel., para cantar un villancico.
Gozamos un montón, e para rematar déronnos unhas chocolatinas riquísimas.
Fíxosenos super-curto.
Esperamos que volvan pronto.
Moitas Grazas Victor e Mabel por colaborar connosco.
Botade unha ollada para comprobalo.


Click to play this Smilebox slideshow


martes, 3 de diciembre de 2013

lunes, 2 de diciembre de 2013

FESTA DA COR AZUL, na clase de Casi

A pasada semana, estivemos a traballar coa cor azul. 
Cada un de nós, levou de casa un obxecto de cor azul; ensinámosllo aos nosos compañeiros e contámoslles para que servía ou para que se utilizaba.
Buscamos obxectos azuis pola aula e tamén tratamos de adiviñar, os obxectos azuis da clase, que Casi pensaba.
Coloreamos ao noso personaxe azul favorito de debuxos animados "*Pocoyo" e tamén picamos unha careta deste personaxe.
Para rematar esta actividade, confeccionamos unha maraca con: bote de iogur, globos, lentellas, arroz ou garavanzos (dependendo do son que quixésemos que tivese).
Esperamos que vos guste.
Click to play this Smilebox slideshow


XOGAMOS Á OCA NA PIZARRA DIXITAL, na clase de Yure

Para repasar todo o aprendido sobre a rúa Moncho preparounos un xogo da Oca na pizarra dixital, así axudamos a Bimba a chegar a súa casa. Cada neno tiraba os dados e avanzaba as casillas correspondentes superando unha proba. Gustounos moitísimo, e ¿a vos?

Click to play this Smilebox slideshow


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, na clase de Casi

Para celebrar o "Día contra a violencia de xénero", os nenos e nenas de 3 anos fixemos diferentes actividades.
O día 25 vimos o conto "O cenicento", falamos sobre as semellanzas e diferenzas co conto da "Cenicienta"; tamén falamos sobre os roles que desempeñan os pais dentro do hogar, o reparto de tareas...etc. 
Este día tamén nos puxemos un lazo violeta, símbolo da violencia de xénero; e tamén visitamos os diferentes lazos xigantes situados, en diferentes partes, do cole.
Os seguintes días, estivemos a traballar os cambios que suporía cambiar os personaxes dos contos tradicionais. Escollimos o conto de Blancanieves e os sete ananitos, e cambios o xénero dos personaxes. Pasámalo xenial elixindo cada un dos personaxes que queríamos representar e mási divertido foi ver o resultado

Conto CENICENTO
http://www.slideshare.net/DiversidadyCoeducacion/el-prncipe-ceniciento-cuento
Click to play this Smilebox slideshow


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, na clase de Chelo

Con motivo do día da igualdade traballamos na clase o conto da cenicienta (aínda que os personaxes están cambiados)
Ademais na clase puxemos os nosos Cenicientos, a traballar, e as príncipesas, dedicáronse a gozar)
O resultado foi moi divertido, e todos interpretaron moi ben o seu papel, e sobre todo gozárono por igual).


Click to play this Smilebox slideshow


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, na clase de Yure

Para conmemorar este día os nenos e nenas de 5 anos estivemos a traballar os cambios que suporía cambiar os personaxes dos contos tradicionais. O día 25 puxemos uns lazos violetas despois de escoitar o conto "O ceniciento". Despois escollimos o conto de "Peter Pan" e decidimos cambiar o xénero dos personaxes, foi moi divertido e pasámolo en grande preparando a nosa versión de "Peter Pan".

Click to play this Smilebox slideshow