.

.

sábado, 17 de noviembre de 2012

DESCUBRIMOS A QUE SABE O OUTONO, na clase de Mª JOSÉ

Estes días, os nenos e nenas de 5 anos aprendemos moitas cousas sobre os froitos do outono. Grazas ás achegas das familias reunimos na aula unha chea de granadas, caquis, laranxas, uvas, noces, avelás, améndoas… Comparamos as súas formas, tamaños, texturas… Clasificámolos en secos e carnosos e… o máis divertido, rematamos  a semana cunha merenda-degustación moi especial na que non faltaron uns camareiros que semellaban profesionais.

Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 16 de noviembre de 2012

ALMORZANDO CON VERO E LOLI, na clase de Casi

Hoxe viñeron a clase as nais de Xira e Sarah, Vero e Loli; con un firme propósito: que entendésemos a importancia de un bo almorzo.
Realmente nos lles fixo falta insistir moito, xa que o que trouxeron para almorzar estaba boísimo: zume de laranxa, madalenas caseiras e chocolate. Quen se pode resistir a isto!!!!
Tralo almorzo contaronnos un conto sobre a importancia de almorzar.
Foi unha mañán moi divertido e moi rica, rica, rica.
Grazas por todo!!!!
Esperámosvos!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


sábado, 10 de noviembre de 2012

MAGOSTO

Click to play this Smilebox slideshow


A CASTAÑEIRA: TEATRO DE SOMBRAS

O venres, antes do Magosto, tivemos unha fermosa sorpresa.
Os profes leváronnos a todos e a todas a clase do profe Casi, que estaba totalmente baleira, e na que só había un pequeno teatrillo. Que pasa aquí?
Sentáronnos a todos no chan, apagaron as luces e sorpresa!!!!
Do teatrillo surdiu unha luz e comenzou a máxia: A historia de unha castañeira!
Quedamos todos e todas coa boca aberta! Menuda sorpresa!
A profe María era a artífice desta sorpresa: ela movía as figuras e narraba a historia. Trala representación explicounos, con que se elaboraban as marionetas e como podíamos velas a través da tela.
Moitas grazas María José!!!

Click to play this Smilebox slideshow


PREPARACIÓN DO MAGOSTO

Durante toda a semana, estivemos preparando e elaborando todo para o MAGOSTO.
Traballamos moito; pero divertímonos con todo o que fixemos. O certo é que os profes, as veces, teñen unhas ideas!!!! Mirade o que se lles ocuriu esta vez!

PREPARACIÓN DO MAGOSTO, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow


PREPARACIÓN DO MAGOSTO, na clase de Casi

Click to play this Smilebox slideshow

PREPARACIÓN DO MAGOSTO, na clase de María José


Click to play this Smilebox slideshow


martes, 6 de noviembre de 2012

ACTIVIDADE TIC, da clase de Chelo

Os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha actividade TIC coa profe Chelo e a profe Betty; era un ordenador moi grande, como un leon, esas foron a súas palabras cando viron a pizarra dixital.
Pasámolo moi ben, os nosos dedos eran máxicos e pintaban na pantalla e cambian de cor. Ademáis da primeira aproximación a pizarra dixital, disfrutamos con xogos de Halloween e bailamos cunha canción de esqueletos.
Podedes ver, o que fixemos, no seguinte enlace:

http://smilebox.com/play/4d7a4d324f5467334d44493d0d0a&blogview

lunes, 5 de noviembre de 2012


jueves, 1 de noviembre de 2012

HALLOWEEN, na clase de Casi

Durante toda a semana estivemos a vivir unha semana "TERRORÍFICA"; chea de sorpresas e de moito, moito medo.
Pero o mellor e que veades como o pasamos, non sí?
Click to play this Smilebox slideshow

HALLOWEEN, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow

HALLOWEEN, na clase de María José

Esta semana foi moi intensa para os nenos e nenas de 5 anos. O broche de ouro foi a festa que celebramos o pasado mércores. Gozamos entre pantasmas, cabazas, arañas e morcegos. Rimos, bailamos, metemos algún que outro susto e comemos unhas lambetadas que sabían de medo!

Click to play this Smilebox slideshow