Xustiño antes do festival, para calmar os nervios do estreno visitáronnos a nai de Sarah (Loli) e a nai de Xira (Vero).
Trouxeron uns fornos máxicos e tódolos ingredientes necesarios para cociñar unhas deliciosas galletas con chocolate.
O taller relaxounos moito e encantounos o de amasar e poder probar a masa antes de metela no forno.
Cando volvimos do recreo as galletas estaban recién feitas, incrible pero os fornos funcionaron á perfección.
Cheamos o bandullo coas deliciosas galletas e para poder compartir as sobrantes coas nosas familias fixemos unhas bolsas bolboretas moi orixinais. Grazas Loli e Vero por unha mañán tan deliciosa Mmmmmm....
0 comentarios:
Publicar un comentario