.

.

sábado, 31 de marzo de 2012

CUMPLES MARZO

3 ANOS (Clase de Casi)
Click to play this Smilebox scrapbook
4 ANOS (Clase de Chelo)
Click to play this Smilebox presentación
5 ANOS (clase de Yure)
Click to play this Smilebox collage

martes, 27 de marzo de 2012

VISITA DE LUIS, O PAI DE XOEL, na clase de Casi

Hoxe tivemos unha nova visita!!!
Cando voltávamos do recreo, atopamos toda a clase revolta; as mesas e as sillas retiradas contra a parede e toda a clase baleira.
Pensamos:"Xa está o profe coas súas tolerías!!".
Pero non! estábamos confundidos; era que tiñamos unha nova sorpresa na clase.
Luis, o pai de Xoel, preparounos unha maravillosa sorpresa.
Con él, a través dunha lenda, fixemos un xogo no que tivemos que: facer grupos de 3, 4 e 6 persoas, decir o noso nome, atravesar o deserto e o polo norte, convertírnos en árbores,  en estátuas....   e moitísimas cousas máis.
Deixámovos coas fotos. Esperamos que vos gusten!!!
Moitas grazas Luis!!! Pasamos unha mañán moi, moi divertida.
Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 21 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

DÍA DO PAI, na clase de Casi

Hoxe é un día moi especial para todos nos, xa que celebramos "O día do pai".
Ainda que no cole, celebramos o "Día da Familia". Na clase estivemos confeccionando unha postal para papá.
Esperamos que lles guste a todos os pais!!!
Moitas felicidades a todos os pais, porque sodes "OS MELLORES".
Click to play this Smilebox greeting

miércoles, 14 de marzo de 2012

CONTACONTOS DO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

Co gallo da celebración do Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores, hoxe participamos nas actividades programadas polo Instituto Galego de Consumo.
A actividade consistiu nun "Contacontos" moi interesante, divertido e ameno.
O conto  "Area fai seis" falábanos dunha nena, que pronto ia a celebrar o seu aniversario; como tiña moitos xoguetes, os seus pais, pedíronlle aos seus amigos que non lle fixeran ningún agasallo.
A importancia da amizade, os sentimentos e o saber valorar o que cada un ten son os verdadeiros protagonistas desta historia. 
Cada un de nos estivemos nas nosas aulas, acompañados polo nos@ profe, e unha monitora.
Pero mellor é votarlle unha ollada ao que fixemos, non?
3 ANOS (clase de Casi)
Click to play this Smilebox slideshow
4 ANOS (clase de Chelo)
Click to play this Smilebox presentación
5 ANOS (clase de Yure)
Click to play this Smilebox collage

martes, 13 de marzo de 2012

POLO CORREO DO VENTO, na clase de Casi

"Polo correo do vento" e unha actividade do departamento de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo.
Hoxe recibmos unha moi grata sorpresa!!!
Recibimos a visita de Mou e Pin, escritor e ilustrador duns contos moi chulos.
Mentras Mou contábanos uns dos seus contos, Pin facía un debuxo sobre o conto.
Cando remataron de contar e debuxar o conto, chegou o  noso turno!!!
Tivemos que debuxar, coa axuda de Pin, un galo; que era o protagonista da historia de hoxe,
Foi unha mañán moi participativa e diferente!!!
Para rematar a actividade, cantámoslle a Mou o "Cumpleaños feliz"; xa que hoxe era o seu aniversario.
Moitas grazas aos dous polas vosas historias e polo voso tempo.
Ah! e tamén polos 2 contos que nos regaláchedes
Click to play this Smilebox slideshow