Un ano máis, dentro da Semana Cultural, celebrouse o día das ciencias; o que nos coñecemos como "Alborciencia".
Os nenos e nenas de Infantil asistimos, en primeiro lugar, a unha sesión de pequenos experimentos; tralo cual fumos a visitar os stands, onde se expoñian todos os proxectos científicos dos nosos compañeiros e compañeiras do 3º ciclo de EP e da ESO. Moitos deles xa foron presentados na "Exporecerca" de Ourense e no "Magma" de Barcelona.
Noraboa a todos e a todas polos vosos traballos e tamén aos profes que o fan posible: Alberto, Vero, María Mayo e Adela.
0 comentarios:
Publicar un comentario