O 25 de ovembro celébrase o "DÍA NTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".
No cole estivemos a traballar este día, durante toda a semana.
Ademáis da información que recibiu cada grupo de alumnos/as, como traballo conxunto cada aula elaborou unha silueta de cartón. Estas siluetas representan simbolicamente as mulleres que foron victimas da violencia machista.
|
domingo, 25 de noviembre de 2012
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, na clase de Casi
viernes, 23 de noviembre de 2012
ACTUACIÓN FUNDACIÓN IGUALARTE
Hoxe recibimos a visita dalgúns mebros da Fundación Igualarte, que dirixe o noso profe de música Marcos.
Ensinaronnos os instrumentos que trouxeron (teclado, xilófomo, tambor, caixón flamenco e cencerro) e deixaronnos tocar con eles; ademáis de cantar moitas cancións.
Foi unha sorpresa moi grata e disfrutamos moito con eles.
Esperemos que volvan moi pronto!!!
Moitas grazas a todos.
Si queredes podedes ver todo o que fan nesta fundación, no seguinte enlace:
http://www.fundacionigualarte.com/
http://www.fundacionigualarte.com/
NA CLASE DE CASI NA CLASE DE MARIA JOSÉ |
jueves, 22 de noviembre de 2012
SEMANA DOS DEREITOS DO NENO/A
Durante toda esta semana estivemos a traballar na clase, cos nosos profes, os dereitos que temso os nenos e nenas.
Todo iso o traballamos a través de diversas actividades na aula e unha actividade conxunta, na que realizamos un mural e da que xa os falamos o pasado martes.
Agora cada profe vai a poñer algunha das actividades que nos mandaron facer, pero sobre todo mirade a supermerenda que nos prepararon a todos.
Como non cabíamos todos nunha clase, estivemos cada curso na súa, pero foi unha super festa para todos.
NA CLASE DE CASI
NA CLASE DE CHELO
Create your own digital slideshow |
martes, 20 de noviembre de 2012
DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS 2012
Hoxe cebramos no cole, o noso día; o día dos dereitos da infancia.
Os profes contáronnos moitas cousas sobre este día e a importancia que ten.
Para celebralo, entre outras cousas, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos fixemos un mural moi grande cun arco da vella como o de: Nuba, Moli e Aris.
Foi moi divertido facelo!!!
Podíamos contar moitas máis cousas de como o fixemos pero o mellor e que miredes as fotos.
lunes, 19 de noviembre de 2012
DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS/AS, 20 de novembro
O día 20 de Novembro quedou institucionalizado como Día Internacional dos Dereitos do Neno, ou Día Universal da Infancia. É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido onde quera que naza. E é máis! un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos, e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.
A Convención dos Dereitos do Neno é un conxunto de normas acordadas que deben respectar todos os países que a asinaron e ratificaron.
Esta Convención foi adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989. Os seus artigos propoñen novos achegamentos aos contidos na Declaración dos Dereitos do Neno de 1959. E fundamentalmente avanza no aspecto xurídico, ao facer aos Estados asinantes "xuridicamente" responsables do seu cumprimento.
Nesta mesma data, xa en 1959, a Asemblea Xeral, resolución 836 (IX), recomendou que se instituiría en todos os países un día universal do neno, no que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo enteiro, e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo.
E neste mesmo ano, en 20 de novembro, aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Neno.
sábado, 17 de noviembre de 2012
DESCUBRIMOS A QUE SABE O OUTONO, na clase de Mª JOSÉ
Estes días, os nenos e nenas de 5 anos aprendemos moitas cousas sobre os froitos do outono. Grazas ás achegas das familias reunimos na aula unha chea de granadas, caquis, laranxas, uvas, noces, avelás, améndoas… Comparamos as súas formas, tamaños, texturas… Clasificámolos en secos e carnosos e… o máis divertido, rematamos a semana cunha merenda-degustación moi especial na que non faltaron uns camareiros que semellaban profesionais.
Etiquetas:
5 anos
viernes, 16 de noviembre de 2012
ALMORZANDO CON VERO E LOLI, na clase de Casi
Hoxe viñeron a clase as nais de Xira e Sarah, Vero e Loli; con un firme propósito: que entendésemos a importancia de un bo almorzo.
Realmente nos lles fixo falta insistir moito, xa que o que trouxeron para almorzar estaba boísimo: zume de laranxa, madalenas caseiras e chocolate. Quen se pode resistir a isto!!!!
Tralo almorzo contaronnos un conto sobre a importancia de almorzar.
Foi unha mañán moi divertido e moi rica, rica, rica.
Grazas por todo!!!!
Esperámosvos!!!!
Etiquetas:
4 anos
sábado, 10 de noviembre de 2012
A CASTAÑEIRA: TEATRO DE SOMBRAS
O venres, antes do Magosto, tivemos unha fermosa sorpresa.
Os profes leváronnos a todos e a todas a clase do profe Casi, que estaba totalmente baleira, e na que só había un pequeno teatrillo. Que pasa aquí?
Sentáronnos a todos no chan, apagaron as luces e sorpresa!!!!
Do teatrillo surdiu unha luz e comenzou a máxia: A historia de unha castañeira!
Quedamos todos e todas coa boca aberta! Menuda sorpresa!
A profe María era a artífice desta sorpresa: ela movía as figuras e narraba a historia. Trala representación explicounos, con que se elaboraban as marionetas e como podíamos velas a través da tela.
Moitas grazas María José!!!
PREPARACIÓN DO MAGOSTO
Durante toda a semana, estivemos preparando e elaborando todo para o MAGOSTO.
Traballamos moito; pero divertímonos con todo o que fixemos. O certo é que os profes, as veces, teñen unhas ideas!!!! Mirade o que se lles ocuriu esta vez!
PREPARACIÓN DO MAGOSTO, na clase de Chelo
PREPARACIÓN DO MAGOSTO, na clase de Casi
martes, 6 de noviembre de 2012
ACTIVIDADE TIC, da clase de Chelo
Os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha actividade TIC coa profe Chelo e a profe Betty; era un ordenador moi grande, como un leon, esas foron a súas palabras cando viron a pizarra dixital.
Pasámolo moi ben, os nosos dedos eran máxicos e pintaban na pantalla e cambian de cor. Ademáis da primeira aproximación a pizarra dixital, disfrutamos con xogos de Halloween e bailamos cunha canción de esqueletos.
Podedes ver, o que fixemos, no seguinte enlace:http://smilebox.com/play/4d7a4d324f5467334d44493d0d0a&blogview
Etiquetas:
3 anos
lunes, 5 de noviembre de 2012
jueves, 1 de noviembre de 2012
HALLOWEEN, na clase de Casi
Durante toda a semana estivemos a vivir unha semana "TERRORÍFICA"; chea de sorpresas e de moito, moito medo.
Pero o mellor e que veades como o pasamos, non sí?
Pero o mellor e que veades como o pasamos, non sí?
Etiquetas:
4 anos
HALLOWEEN, na clase de María José
Esta semana foi moi intensa para os nenos e nenas de 5 anos. O broche de ouro foi a festa que celebramos o pasado mércores. Gozamos entre pantasmas, cabazas, arañas e morcegos. Rimos, bailamos, metemos algún que outro susto e comemos unhas lambetadas que sabían de medo!
Etiquetas:
5 anos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)