.

.

viernes, 31 de diciembre de 2010

jueves, 23 de diciembre de 2010

VERSIÓNS ORIXINAIS DAS PANXOLIÑAS

VISITA DOS REIS MAGOS

Click to play this Smilebox slideshow
Click to play this Smilebox greeting
Click to play this Smilebox greeting

FESTA DE NADAL

Dende que escomenzou a nosa viaxe polo mundo ata hoxe, aprendimos moitas cousas das costumes, tradicións, da cultura...etc,etc pero xa está ben de tanto estudar. Chegou a hora da troula!!
Os nenos e nenas de infantil, o último día de clase fomos a ver a obra de teatro que prepararon os nosos compañeiros e compañeiras de 1º EP; por certo, fixeronlo xenial!!
Despois chegou o noso turno, tiñamos que cantar as panxoliñas que os profes: Chelo, Yure e Casi nos aprenderan na clase. Os de tres anos cantamos: Rodolfo, el reno. Os de catro anos: La orquesta original. Os de cinco anos: Mi burrito sabanero.
A presión do "directo" fixo estragos e quizas, non o fixemos moi ben; pero eso si puximoslle moitisimo interés e o máis importante: que pai o nai pode dicir que os seu fillo ou filla non foi o millor?
Pois deixámosvos con as fotos deste día.
Click to play this Smilebox slideshow

POSTAIS GAÑADORAS

Mirade as postais gañadoras no concurso celebrado no Colexio, co gallo do Nadal. Estas postais foron impresas e enviadas as familias de cada ciclo.
Noraboa aos gañadores e moi especialmente a nosa compañeira Ana Pérez Prada pola sua composición (Bola de nadal).
Click to play this Smilebox greeting

CONCURSO POSTAIS NAVIDEÑAS

No cole, os profes, fixeron un concurso de postais navideñas, e hoxe supimos quenes foron os gañadores de cada etapa.
En educación infantil a gañadora foi: Ana Pérez Prada (4 anos)
No 1º ciclo de primaria a gañadora foi: Laura Costas Blanco (2º EP)
No 2º ciclo de primaria a gañadora foi: Najwa Carrazoni Mier (3º EP)
No 3º ciclo de primaria o gañador foi. Diego  González Fernández (5º EP)
Na ESO non houbo ningún gañador, pola baixa calidade dos traballos



Noraboa a todos eles.

Rodolfo, el reno

Click to play this Smilebox greeting

OBRA TEATRO NAIS

O pasado martes, un grupo de nais e un pai, representaron para todios os nenos e nenas de infantil e primaria (en dúas funcións, como os actores famosos!!) unha obra de teatro; para que comprenderamos o importe que é compartir cos demáis e o bo que axudar aos que temos ao lado. Foi unha obra moi, moi fermosa e paxámolo xenial!!
Temos un problema co vídeo da obra, tan pronto podamos poñerémolo, vale? (que non se nos enfade ninguén).
Pero para que vexades a estas artistazas, deixámosvos coas fotos desta función.
Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 22 de diciembre de 2010

O RENO RUDOLF

Xa rematamos a nosa viaxe polo Nadal dos diferentes paises (Indonesia, España, Polonia e Australia). Durante esta viaxe estivemos acompañados de Rudolf (O reno de Papá Noel). Foi unha viaxe maravillosa e moi interesante, e pasámolo xenial coa compañía de Rudolf.
Como queríamos ter un recordo seu, fixémolo na clase con: cartolinas, ceras, tixeiras, gomets, vaso de plástico...etc
Mirade que bonitos quedaron.

Click to play this Smilebox photo album

martes, 21 de diciembre de 2010

FOTOS DAS PANXOLIÑAS DAS NAIS

Click to play this Smilebox collage

NADAL FAMILIAR

O "NADAL FAMILIAR" é unha actividade pensada polos profes, para que papá e mamá traballen con nós na casa. Temos que realizar entre todos (pais, nais e fillos e fillas) a decoración do debuxo que nos mandan para casa. Podemos empregar calquer tipo de material (papel, tea, lá, botóns, chuches...etc) e calquer técnica. Cando chegamos a casa con este traballo, papá e mamá botan as mans a cabeza, e as veces refunfuñan algo moi baixiño que non sabemos que é; pero a pesar de todo póñenlle moito interés e o resultado é magnífico.
Click to play this Smilebox slideshow

FELICES FESTAS DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Click to play this Smilebox slideshow

CUMPLES DECEMBRO

Click to play this Smilebox photo album
Click to play this Smilebox slideshow

sábado, 18 de diciembre de 2010

PANXOLIÑAS NAIS

Hoxe fixemos un alto na nosa viaxe (xa nos apetecía!), para deleitarnos coa actuación das nais de nosos compañeiros e compañeiras.
Primeiro sorprenderonnos con unha magifica actuación na obra "Un arco iris de colores" e agora deulles por cantar panxoliñas; e nos preguntámonos: Que é o que non saben facer estas mulleres? Danlle a todo e o mellor de todo é que o fan moi ben!!. Noraboa a todas, cantáchedes xenial.
Moitas grazas

viernes, 17 de diciembre de 2010

Un Nadal aberto ao mundo: AUSTRALIA e ESPAÑA

Hoxe emprendimos unha nova viaxe!! Os nenos e nenas de 3 anos estaban moi cansos de tanto vaixe ests días e decidiron facer de cociñeiros, como xa fixeran onte os nenos e nenas de 5 anos, e quedar en España. Contáronnos que Australia é un pais moi fermoso e con unha tradición moi particular de celebrar o Nadal; así que decidimos emprender a viaxe por Australia.
Click to play this Smilebox photo album
Click to play this Smilebox photo album
Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Un Nadal aberto ao mundo:AUSTRALIA, POLONIA e ESPAÑA

Hoxe foi o colmo da discordinación! Uns nun pais, outros noutro e outros sen desayunar negáronse a viaxar.
Sabemos que é un pouco difícil entender todo isto, verdade? Pois vámolo explicar!
Os nenos e nenas de tres fumos a Australia (a qué mola!).
Como na maioría dos lugares o Nadal é unha ocasión especial para reunir á familia. Os australianos reúnense a véspera xa que desde 1937 en Melbourne celébranse as "Panxoliñas á Luz das Velas". Esa noite as . familias reúnense a cantar panxoliñas iluminadas tan só por velas. Realízanse na praia iluminándoa para que Santa Claus poida guiarse para chegar ás súas casas
ACTIVIDADE: Vela do Nadal
Os nenos e nenas de cinco, por fin, atoparon o seu camiño e foron a Polonia,ainda que con un día de retraso!.
E os nenos e nenas de catro anos nos lle deron de desayunar na casa, e negáronse a emprendela viaxe programada para hoxe.
Xa vedes unha autentica locura!
Merry Christmas: Bo Nadal
Click to play this Smilebox slideshow
Click to play this Smilebox greeting
Click to play this Smilebox slideshow

martes, 14 de diciembre de 2010

Un Nadal aberto ao mundo: POLONIA e ESPAÑA

Hoxe emprendimos unha nova viaxe, pero foi un viaxe moi diferente o de onte; pois ainda que saímos todos xuntos, perdimos aos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos. Onde estaban? Que lles pasou?
Os nenos e nenas de 3  e 4 anos viaxamos ata Polonia.
En Polonia o belén tradicional inclúe monicreques, algo único no mundo. No pesebre hai un pequeno escenario teatral para as marionetas. Adóitanse representar clásicos episodios do nacemento de Cristo e historias de Santa Claus e os seus trasnos. En Noiteboa toda a familia reúnese para cear e como é tradicional, en todas as mesas colócase un cuberto máis do normal e unha folla de oblea que os comensais parten como símbolo de reconciliación.
ACTIVIDADE: Marioneta “Santa Claus"
Os nenos e nenas de 5 anos non viaxamos moi lonxe, quedamos no comedor do Colexio para facer un taller de cociña. Como sucede en tódalas casas de España a mesa nestas festas están cheas de doces, turróns... e nos non queríamos ser menos e preperamos os nosos propios doces de mazapán. Estaban boísimos.
Wesołych Świąt Bożego Narodzenia: Bo Nadal
Click to play this Smilebox slideshow
Click to play this Smilebox scrapbook
Click to play this Smilebox greeting

lunes, 13 de diciembre de 2010

Un nadal aberto ao mundo: INDONESIA

A nosa primeira parada deste nadal aberto ao mundo é:
INDONESIA
 Durante o mes de decembro as lámpadas de arxila cobren as paredes dos fogares da Indonesia do mesmo xeito que se fai durante a festividade de Diwali. Ademais as flores de pascua decoran multitude de fogares, son as flores elixidas para decorar as Igrexas para a misa do galo. O colorido destas flores achega alegría a estas datas e pola importancia que toma esta planta o día 12 de Decembro celébrase o día da flor de pascua. Un día que as familias utilizan para decorar os seus fogares e realizan os tradicionais abanicos de pascua cos que adornan a árbore e que se utilizarán como centro de mesa a noite do 24 de decembro.
ACTIVIDADE: Abanico de pascua


Click to play this Smilebox slideshow

domingo, 12 de diciembre de 2010

CHEGOU O NADAL 2

Como vos contamos o outro día, Mónica (nai de Miguel)estivo con nos adornando a clase; e prometeunos mandar unha árbore de nadal para decorala coas estrelas, bolas... Recordades? Pois trouxo a árbore, e decorámola coa axuda de Lorena e de Casi. Ata pronto!! Recordade que dende mañan ata o día 22, espérannos moitísimas sorpresas a todos. Non faltades!!
Click to play this Smilebox greeting

sábado, 11 de diciembre de 2010

UN NADAL ABERTO AO MUNDO

Aínda que o patrón do Nadal é o mesmo a grandes liñas en todos os países, desde o Cabo de Fornos até os Pireneos, hai un milleiro de matices distintos en cada rexión e/ou comunidade, froito do paso dos anos, as diferenzas climáticas, alimentos da zona e outras particularidades.
Con estes talleres, que vamos a traballar dende o 13 ao 22 de decembro, presentamos unha forma atractiva para os máis pequenos de coñecer as tradicións do Nadal. Podendo así descubrir costumes particulares dos diferentes países polos que viaxaremos este nadal, da man do reno Rudolf, dunha forma lúdica e atractiva.
Diariamente recibiredes información do que vamos facer nos talleres.

MARIONETA DE CAPERUCITA

Hoxe venres, tivemos unha nova sorpresa. O certo é que ultimamente levamos un montón de sorpresas e de visitas!!
Visitaronnos os pais de Esther, Susana e Jose; realmente non os esperabamos, pero estivemos encantados de estar con eles.
Pásamolo moi ben facendo con conserviletas de cores, unha marioneta de Caperucita (sí, sí a de o conto!!); non é por votarnos flores pero quedáronnos superchulas. Querédelas ver? Pois aguntade un pouco que xa van, pero antes queremos agradecer aos pais de Esther, o tempo que nos adicaron e a súa paciencia con nos; e moi especialmente ao pai, pois é o primeiro pai que nos ven visitar. Daremoslle medo aos pais?
Veña miarde como nos quedaron, e estade atentos ao blog, que veñen moitas novidades estes días

Click to play this Smilebox slideshow

jueves, 9 de diciembre de 2010

CHEGOU O NADAL

Hoxe, os nenos e nenas de 4 anos, tivemos unha nova visita. A nai de Miguel, Mónica, viu a axudarnos a decorar a clase cos adornos que mercou e tamén, cos que fixeron Paula e Estela, as nais de Area e Anxo. Decoramos as ventás, a TV, o espello...etc Quedounos unha clase chulísima!! Ah! e mañán vainos traer unha árbore de nadal para que a adornemos coas estrelas que fixeron as mamas, as bolas, o espumillón... Xa vos contaremos como quedou!!
Click to play this Smilebox collage

jueves, 2 de diciembre de 2010

FOTOS OFICIAIS

Nos, ao igual que as casas reais, os actores e actrices máis famosos, e moitos outros personaxes que posan nas portadas das revistas máis glamurosas, hoxe presentamos as nosas fotos oficias deste curso 2010/11. Cada curso posa co seu mellor soorriso e co chandal máis planchado da historia, xunto co seu profe. Os nenos e nenas de 3 anos estamos coa profe Chelo, os de 4 anos coa profe Lorena e Casi, e os de 5 anos coa profe Yure. Mirádeas!! e xa veredes como despois decides:"Están para comelos!"

 

APRENDEMOS CON NOELIA

Os nenos e nenas de 5 anos , estivemos a traballar coa profe Noelia. Foi unha experiencia fantástica!! Fixemos moitísimas cousas e o máis importante e que aprendimos moitas máis. Pero con din os maiores (que creen, que sempre teñen razón)unha imaxe vale mmáis que mil palabras, así que mirade todo o que fixemos.
Click to play this Smilebox slideshow

sábado, 27 de noviembre de 2010

Cumples 5 anos: novembro

Click to play this Smilebox scrapbook

Cumples 3 anos: novembro

Click to play this Smilebox slideshow

Visita de Ares

El jueves  por la mañana celebramos el cumpleaños de Fer y Noa, pero nos encontramos con la sorpresa de que Papelillo y Papelote habían invitado a su primo “Ares”, que es el gatito de la profe Yure de 5 años ya que Fer y Noa son los últimos niñ@s en cumplir 3 años…..al principio hubo una gran confusión, ya que no sabíamos si era su primo ó era el propio Papelillo, porque son idénticos.
Ares vino antes de la fiesta, porque estaba entusiasmado, y quiso conocer donde vivían sus primos, por lo que recorrió toda  la clase, e incluso se puso la corona de cumpleaños de Papelillo,,,,, lo pasó muy bien, y sus primos estaban felices, al igual que los niños y niñas que estaban entusiasmados a la vez que algo desconcertados por el gran parecido entre Papelillo y Ares.
Muchísimas gracias a la profe Yure, por dejarnos disfrutar del primo de Papelote y Papelillo, y hacernos pasar un día de cumpleaños muy  especial e inolvidable.
Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 26 de noviembre de 2010

lunes, 22 de noviembre de 2010

DESCUBRIMOS O UNIVERSO

Estes últimos días, os nenos e nenas de 4 anos, estivemos a traballar coa profe Lorena. A profe quiso que coñecesemos o universo.
E realmente foi unha experiencia ALUCINANTE!
Aprendimos moitísimas cousas: como son os planetas, cantos hai, cales teñen aneis, cal é o máis cercano e cal o máis lonxano... Foron uns días moi enriquecedores e hoxe, para rematar, fixemos con piña, mandarina e chocolate un SOL! Estaba boísimo.
Mirade todo o que traballamos!
Grazas profe Lorena por todo o que aprendimos.

Click to play this Smilebox slideshow

domingo, 21 de noviembre de 2010

UN ARCO IRIS DE COLORES

Hoxe tivemos una fermosísima sorpresa! Os profes baixaronnos ao ximnasio e estaba transformado nun teatro. Ante nos apareceu un bosque, polo que foron pasando moitos personaxes: unha avoa, unha narradora, cores, unha fada... pero onde está a sorpresa? Pois que as nais de infantil convertéronse en actrices, e que actrices! Nin Hollywood, nin Bollywood, nin as alfombra vermellas dos mellores festivais de cine faríanlle sombra a estas fantásticas actrices. Pasámolo xenial! Que obra máis fermosa! Moitísimas grazas a: Elena (nai de Adrián, 3 anos), Ángeles (nai de Noa, 3 anos), Verónica (nai de Luna, 3 anos), Natalia (nai de Diego, 3 anos), Lorena (nai de Keira, 3 anos), Estela (nai de Anxo, 4 anos), Nuria (nai de Sara, 4 anos), Mónica (nai de Carla, 4 anos), Carmen (nai de Pablo, 4 anos), Mónica (nai de Miguel, 4 anos), Manoli (nai de Noa, 2º EP) e Elena (nai de Nicolás, 1º ESO) . Noraboa mamás.

Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 19 de noviembre de 2010

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Hoxe, 19 de novembro, celebramos o DIA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS. Nas aulas de infantil realizamos diferentes actividades para celebrar este día. Ademáis houbo unha GRANDÍSIMAAAAAAAAAAAA SORPRESA! pero nunha próxima entrada vola contaremos. Pero é unha sorpresa.... bueno non vola podemos contar aínda. Mirade algo do que fixemos hoxe.
Click to play this Smilebox slideshow
Click to play this Smilebox collage

martes, 16 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Hoxe,por fin, celebrámolo magosto. Levávamos moitos días traballando na clase preparando todo; pero a choiva fixo que tivesemos que esperar, esperar e esperar. Parecía que non ibamos a poder celebralo nunca! Pero hoxe produciuse o milagre! A choiva non apareceu e os profes decidiron que era día de festa. Por fin poidemos levar as cestas que fixemos na clase, e comer castañas cos nosos compañeiros de primaria. Pasámolo xenial! Bailamos, reimos, xogamos, pintamola cara coa cinza das brasas...
Queremos dar as gracias a Ana e Felipe, os pais de Laura Méndez (4 anos) por regalarnos todas as castañas que comimos hoxe, estaban boísimasssssssssssss!
Mirade todo o que fixemos na clase e como o pasamos fora; esperamos que vos guste. Si é así podedes deixarnos un comentario, vale?
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 15 de noviembre de 2010

viernes, 12 de noviembre de 2010

UN ZOO NAS AULAS DE INFANTIL

Hoxe recibimos unha sorpresa moi bonita; realmente foi máis de unha sorpresa, pois tivemos varias visitas. Pola mañán cando estabamos a traballar nas nosas clases, viñeron de visita as nais de: Luna (3 anos), Adrián (3 anos) e Anxo (4 anos). Pensabamos que era viñan a ver o que estabamos a facer, pero chamounos a atención que viñan cheas de caixas. Cando abriron as caixas....MENUDA SORPRESA! a clase converteuse nun autentico  zoo.
Empezaron a abrir caixas e foron aparecendo: unha tartaruga, un coello, unha coballa, un erizo, peixes de cores, 6 ou 7 paxaros e un precioso cachorro.Uf! Que ben o pasamos!
Moitísimas grazas Verónica, Elena e Estela por facernos pasar un día inolvidable.
Click to play this Smilebox slideshow

domingo, 7 de noviembre de 2010

ACTIVIDADE TIC 4 ANOS

No blog da profe Betty (planticalborada.wordpress.com) podedes ver o que fixemos na actividade TIC deste trimestre, os nenos e nenas de 4 anos. Vades alucinar! xa sabemos falar en ingléssssssssssss

sábado, 6 de noviembre de 2010

chegouemptyoemptyoutono