.

.

viernes, 29 de noviembre de 2013

CUMPLES NOVEMBRO

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox scrapbook


NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox photo album


jueves, 28 de noviembre de 2013

O OUTONO NA PIZARRA DIXITAL, na clase de Chelo

O profe Moncho preparounos unhas actividades moi bonitas sobre o outono, para a pizarra dixital.
Pasámolo moi ben e gozamos moito, aínda que Por causas alleas (problemas de conexión), algunhas non se puideron escribir directamente.
MOITAS GRAZAS PROFE MONCHO.
Ata a próxima


Click to play this Smilebox slideshow


DEBUXO O MEU COLE, na clase de Yure

Traballos dos nenos/as de 5 anos para o concurso dos bolechas "Debuxo o meu cole".
Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 27 de noviembre de 2013

SOMOS PALEÓNTOLOGOS CON MONCHO, na clase de Yure

Nin as frías terras siberianas, nin as ardentes areas do deserto, frearon a estes intrépidos PALEONTÓLOGOS, que, armados cos seus cepillos e moita paciencia, han ir desenterrando un a un, os ósos que forman o grandioso quebracabezas que é un esqueleto de dinosauro.
A moitos lles gustou tanto a experiencia que queren repetir, e non lles chega o día de ver a exposición "Days of Dinosaur"

Click to play this Smilebox presentaci%c3%b3n


CONCURSO "OS BOLECHAS", na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 25 de noviembre de 2013

sábado, 23 de noviembre de 2013

OUTONO, na clase de Casi

Durante este mes, estivemos a traballar o outono na clase. Aprendimos as súas características, o tempo que fai, que roupa temos que usar, as súas cores, os cambios que se producen na natureza; así como os froitos e as froitas típicas desta época.
Mirade un pouco do que fixemos!!!!

Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 21 de noviembre de 2013

TRABALLAMOS COA PIZARRA DIXITAL, na clase de Casi

Hoxe estivimos a traballar na PDI (pizarra dixital interactiva), as fichas que o profe Moncho preparounos neste formato. Tíñamos fichas de: repasar, rodear, máis grande máis pequeno, dentro-fora,...etc.
Cada un de nos fixo unha ficha, nesta pizarra máxica. Que no vos creedes que era máxica? Non o creedes? Pois so con un dedo podíamos escribir, foi algo realmente máxico.
Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 20 de noviembre de 2013

INDIANA BILL

Click to play this Smilebox slideshow


martes, 19 de noviembre de 2013

DEREITOS DO NENO/A


En Educación Infantil estivemos a traballar en clase os dereitos da infancia con Pocoyo, cada clase traballou diferentes dereitos.
O profe Moncho preparounos unha presentación moi bonita para as 3 clases.

Mañá 20 de Novembro celebrarémolo no parque ”INDIANA BILL” da Ramallosa.

PRESENTACIÓN DO PROFE MONCHO
video

NA CLASE DE CASI

Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE YURE


Click to play this Smilebox collage


lunes, 18 de noviembre de 2013

CIRCUITO COA PROFE VERO, na clase de Yure

Circuito coa profe Vero na clase de Yure:
Estamos coñecendo cousiñas da rúa, e qué mellor que convertirnos en peóns e autobuses por un día nun circuito. Pasámolo en grande na clase de psicomotricidade respetando o semáforo do policía, adiantando buses, pasando polos pasos de peóns... Grazas profe Vero por unha idea tan divertida, pasounos a clase voando, mellor dito circulando ;)

Click to play this Smilebox slideshow

XOGOS DE SINÁIS, na clase de Chelo

Hoxe na clase de psicomotricidade coa profe Verónica estivemos a facer uns xogos de sinais (semáforo, paso de peóns, stop, etc).
Aquí deixámosvos unha mostra.
Esperamos que vos guste.


Click to play this Smilebox slideshow


ACTIVIDADE TIC, na clase de Chelo

Fai 2 semanas estivemos a traballar Halloween na aula de informática coa profe Bety, esperamos que vos guste.

http://youtu.be/7_ZlOeSN15c
 

sábado, 16 de noviembre de 2013

NUNCABUNGA, teatro na fundación novacaixagalicia

A Fundación Novacaixagalicia deseñou unha programación para a comunidade educativa de produción fundamentalmente galega, un 80 % das obras foron creadas e producidas en Galicia, e inclúe espectáculos e actividades de diferentes disciplinas: arte, música, teatro e cinema dirixidos a diferentes idades e niveis educativos.

Nuncabunga da compañía Elefante elegante é unha obra teatral dirixida a nenos de Educación Infantil, de 3 a 6 anos, que foi galardoada co premio María Casares ao mellor espectáculo. Trátase dunha obra cómica e poética sen palabras que se achega a valores como o respecto, o saber compartir e convivir. A acción desenvólvese nun espazo imaxinario que evoca a proximidade ao mar onde vive unha persoa que construíu o seu fogar nun pequeno recuncho e que un día de tempestade atópase cun estraño, atrapado nunhas redes, como un refugallo máis dos que arrastra o mar. Non ten nin casa nin comida e está decidido a quedar.

Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 14 de noviembre de 2013

MAGOSTO, na clase de Casi

Click to play this Smilebox slideshow


PREPARANDO "O MAGOSTO", na clase de Casi

Dende fai uns días, estamos a traballar na clase o "outono"; as súas características, os seus froitos, a súas froitas, as súas cores.... e tamén por suposto a festa máis típica desta época: "O MAGOSTO".
Por iso coloreamos unha castaña e pusémoslle ollos; a profe Laura e o profe Casi, encargáronse de transformar as castañas, nuns bolsos para levar o día do magosto e así poder gardar as castañas.

Click to play this Smilebox slideshow


MAGOSTO, na clase de Yure

Click to play this Smilebox slideshow


MAGOSTO, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 13 de noviembre de 2013

FESTA DA COR AMARELA, na clase de Casi

Estes días, estivimos a traballar na clase, a cor amarela.
Cada neno/a levamos da casa unha cousa de cor amarela e dous recortes de revista.
Cada un de nos, sacou o seu obxecto, e falamos sobre el: qu e é, para que sirve, para que se utiliza....
Cos recortes das revistas decoramos un sol e coloreamos un parrulo de goma.. Logo elaboramos un mural co sol e os parrulos,  e pusémolles estrelas amarelas. 

Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 11 de noviembre de 2013

SABORES DE OUTONO, na clase de Yure

O venres os nenos e nenas de 5 anos decidimos probar tódalas cousas que tiñamos no rincón do outono. As familias trouxeron estos días noces, millo, castañas, figos, granadas... e nos estabamos desexando comelo. Moitas grazas pola colaboración a todlas familias que fixestes posible o noso exquisito rincón de outono.

Click to play this Smilebox scrapbook


A RÚA, na clase de Chelo

Na clase de 4 anos estamos a traballar A RÚA, por iso preparámosvos unha pequena mostra e os que aínda non o saben ben, é o momento de reforzalo un pouquiño en familia,
Dámosvos as grazas de antemán.
Esperamos que vos resulte tan divertido como a nós.
Podedes pasar xa que o semáforo está en verde.

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 6 de noviembre de 2013

VISITA AO MUSEO DO MAR, das clases de Casi e Chelo

Nesta actividade os nenos e nenas transformamosnos en pequenos mariñeiros e internámosnos no particular mundo da cultura tradicional  mariñeira de Galicia; vivimos unha experiencia que nos permitiu coñecer e practicar distintos medios de pesca, navegación e crenzas propias da cultura mariñeira, e, ademais, visitamos o acuario onde se nos contou unha lenda mariñeira e descubrimos algúns dos segredos que gardan os peixes e outros seres mariños que alí se atopan.

CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow


CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox slideshow


martes, 5 de noviembre de 2013

CONTO DE PEPITA E MIGUEL, na clase de Yure

Fai unhas  semanas grabamos coa profe Betty o conto de Pepita e Miguel co que estamos aprendendo a ler. Así que si queredes coñecelo votade un ollo.
http://youtu.be/UHn9s3NImXo

lunes, 4 de noviembre de 2013

FESTA DA COR VERMELLA, na clase de Casi

A pasada semana estivimos a traballar na clase a cor vermella.
Cada neno/a levamos da casa unha cousa de cor vermella e dous recortes de revista, de cor vermella.
Cada un de nos, sacou o seu obxecto, e falamos sobre el: qu e é, para que sirve, para que se utiliza....
Cos recortes das revistas decoramos o tronco de unha árbore, Logo estampámoslle follas de cor vermella, e pegámoslle as mazás vermellas; que previamente, cada un de nos, coloreara.
Como remate a esta festa da cor vermella, unhas chuches, Adiviñades de que cor eran?

Click to play this Smilebox slideshow