Toda unha semana esperando gran momento e por fin chegou!!!
Os nenos e nenas de 5 anos moi ilusionados cantaron a súa panxoliña mentres esperaban as maxestades de Oriente. O fixeron de maravilla e ó rematar entregaron as súas cartas a Melchor, Gaspar e Baltasar. Foi un estupendo final de primeiro trimestre así que so podemos dicirvos que disfrutedes das fotos e das festas.
Bo Nadal e próspero ano novo, no que esperamos vernos de novo.
0 comentarios:
Publicar un comentario