O Instituto Galego de Consumo, a través da Escola Galega de Consumo oferta este ano, a 5ª edición do programa InfoNadal 2013; que ten por obxectivo reflexionar sobre os hábitos de consumo na época do Nadal.
A presente edición leva por título: "O consumo no Nadal: Publicidade e Agasallos".
O obxectivo que pretende, cos nenos e nenas de Infantil é: Adquirir conciencia de que os agasallos non teñen que ser sempre algo material (xoguetes, videoxogos...) e descubrir que existen opcións , ademáis dos productos que aparecen nas revistas e na televisión.
Hoxe no cole, as monitoras ensináronnos a importancia que ten a calidade dos xoguetes para a nosa seguridade, o consumo responsable deles, a no separación por sexos dos mesmos, a importancia dos abrazos, dos bicos....etc.
Como remate da actividade, cada un de nos, pegou nunha folla as etiquetas que debemos recoñecer nun xoguete: non apto para menores de 3 años e CE.
NA CLASE DE CASI
NA CLASE DE CHELO |
0 comentarios:
Publicar un comentario