.

.

lunes, 2 de diciembre de 2013

FESTA DA COR AZUL, na clase de Casi

A pasada semana, estivemos a traballar coa cor azul. 
Cada un de nós, levou de casa un obxecto de cor azul; ensinámosllo aos nosos compañeiros e contámoslles para que servía ou para que se utilizaba.
Buscamos obxectos azuis pola aula e tamén tratamos de adiviñar, os obxectos azuis da clase, que Casi pensaba.
Coloreamos ao noso personaxe azul favorito de debuxos animados "*Pocoyo" e tamén picamos unha careta deste personaxe.
Para rematar esta actividade, confeccionamos unha maraca con: bote de iogur, globos, lentellas, arroz ou garavanzos (dependendo do son que quixésemos que tivese).
Esperamos que vos guste.
Click to play this Smilebox slideshow


1 comentarios:

Sandra dijo...

No me extraña que vayan tan contentas al cole ..., por cierto la música un 10.
Sandra

Publicar un comentario