Ola ríos, ola fonte! é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea e poesía, maxia e música que pousa no corazón dos/as nenos/as ; imaxes onde a natureza e os animais teñen un lugar importante. Miguel Ángel Alonso e Jesús Andrés a través de textos propios e de Rosalía debuxaron unha Galicia viva e chea de esperanza.
Nesta actividade, da Concellería de Normalización lingüistica do Concello de Vigo, na que participamos os nenos e nenas de 4 e 5 anos acompañounos Iria, nai de Samuel, gran amiga de Miguel Ángel.
Para rematar a actividade fixemos, no chan, un debuxo de Rosalía, visto dende o noso propio punto de vista.
0 comentarios:
Publicar un comentario