Kri kra kro recrea un universo delicado, onde a vida exprésase a través da beleza das imaxes e da calidez do xogo dos actores.
O espectáculo mostra a viaxe de dous personaxes por un espazo descoñecido que se vai poboando de imaxes e sons. Esta viaxe está inspirado no espírito curioso co que os máis pequenos asómanse á realidade.
Kri Kra Kro é unha metáfora teatral que mostra as imaxes como parte dun xogo, como unha posibilidade para explorar e gozar o mundo, non só para contemplalo.
Esta creación é tamén un encontro emocionado e sutil coa arte, unha suxestiva experiencia que queremos compartir cos pequenos espectadores.
0 comentarios:
Publicar un comentario