Estes días, os nenos e nenas de 5 anos aprendemos moitas cousas sobre os froitos do outono. Grazas ás achegas das familias reunimos na aula unha chea de granadas, caquis, laranxas, uvas, noces, avelás, améndoas… Comparamos as súas formas, tamaños, texturas… Clasificámolos en secos e carnosos e… o máis divertido, rematamos a semana cunha merenda-degustación moi especial na que non faltaron uns camareiros que semellaban profesionais.
Premio en Galiciencia 2018
Hace 6 años
0 comentarios:
Publicar un comentario