.

.

lunes, 19 de noviembre de 2012

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS/AS, 20 de novembro






O día 20 de Novembro quedou institucionalizado como Día Internacional dos Dereitos do Neno, ou Día Universal da Infancia. É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido onde quera que naza.  E é máis! un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos, e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.
A Convención dos Dereitos do Neno é un conxunto de normas acordadas que deben respectar todos os países que a asinaron e ratificaron.
Esta Convención foi adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989. Os seus artigos propoñen novos achegamentos aos contidos na Declaración dos Dereitos do Neno de 1959. E fundamentalmente avanza no aspecto xurídico, ao facer aos Estados asinantes "xuridicamente" responsables do seu cumprimento.
Nesta mesma data, xa en 1959, a Asemblea Xeral, resolución 836 (IX), recomendou que se instituiría en todos os países un día universal do neno, no que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo enteiro, e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo.
E neste mesmo ano, en 20 de novembro, aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Neno.



0 comentarios:

Publicar un comentario