Hoxe as nais de Samuel "Iria·" e de Luna "Vero" viñeron a clase de 4, e trouxéronnos uns lenzos de animaliños para pintar... preciosos, e pasámolo moi ben, aínda que temos que pedirlles desculpas, porque como nos emocionamos tanto, alborotamos un pouquiño, pero a próxima vez estaremos máis tranquiliños.
Moitas grazas pola vosa paciencia e dedicación. Esperamos contar convosco noutras ocasións.
0 comentarios:
Publicar un comentario