.

.

jueves, 17 de noviembre de 2011

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA

O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Neno.
Este é un pequeno resumo dos Dereitos universais dos nosos pequenos

1.- Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2.- Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3.- Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4.- Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5.- Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6.- Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7.- Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8.- Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9.- Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10.- Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo

0 comentarios:

Publicar un comentario