.

.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

VISITA DA AVOA DE LOIS, na clase de Casi

Hoxe visitounos a avoa de Lois!!! Foi algo sorprendente e fantástico!!!!
Chegou acompañada pola mamá de Lois (pero enseguida tivo que marcharse a traballar) e por un pato!!!!
Temos que pedirlle disculpas as dúas porque non lle fixemos moito caso a elas; non realmente non!!!
Todos fumos directos ao pato. Que lindo era!!! E tan suave!!!
Manola, a avoa de Lois, viu primeiro a nosa clase (despois foi a clase da profe Chelo) e a parte de ensinarnos ao pato, e deixarnos que o tocáramos, contonunos o conto: "El pato afortunado"; e por si fora pouca cousa, tamén nos trouxo un paraugas de chocolate, para cada un de nos.
Moitísimas gracias Manola!!! E nos tes esquezas que quedaches de volver pronto.
Un forte beso de todos nos!!!
Click to play this Smilebox photo album

VISITA DA AVOA DE ALDARA, na clase de Chelo

Hoxe visitounos a avoa de Aldara, contounos un conto moi bonito, e tróuxonos un pato, que acaparou a curiosidade de tod@s, e tamén nos regalou uns paraugas de chocolate que nos encantaron.
Moitas grazas pola súa paciencia e dedicación.
Ata sempre Manola.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 28 de noviembre de 2011

viernes, 25 de noviembre de 2011

CUMPLES NOVEMBRO

3 ANOS
Click to play this Smilebox photo album
5 ANOS
Click to play this Smilebox scrapbook
4 ANOS
Click to play this Smilebox greeting

jueves, 24 de noviembre de 2011

VISITA DA FAMILIA DE ROCÍO, na clase de Chelo

Hoxe na clase de 4 anos tivemos unha festa ao grande, visitáronnos os avós e a nai de Rocío, e sorprendéronnos cunha chea de actividades: tatuaxes, trencitas ás nenas, contos, bailes, cancións, e aínda por riba regalaronos caramelos.
Pasámolo xenial, divertímonos moito, e quedamos encantad@s,
Queremos darlle as grazas porque nos fixeron pasar un día inesquecible.
Son unha familia de artistas, e demostráronnolo.
Parabén aos tres.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 21 de noviembre de 2011

INDIANA BILL

Hoxe leváronos de excursión!!! Xa iba sendo hora, non si? Por que iso de estar todo o día no Colexio, traballando, facendo fichas e aguantando aos profes e un pouco pesado.
Pero debe ser que, como xa está cercano o nadal o algo lles pasou a os profes, decidirón levarnos a un parque de bolas na Ramallosa, para que brincaramos, xogaramos, divertíramos...etc e ata nos deron de merendar!!!
Ainda non o podemos creer!!!
En fin mirade como o pasamos. Ata a próximaaaaaaaaaaaaa
Click to play this Smilebox slideshow

ACTIVIDADE TIC 5 ANOS

Actividade publicada no blog:
 http://planticalborada.wordpress.com/; podedes acceder a ela premendo no seguinte enlace   http://youtu.be/U0pZHkOEw9g

RECETARIO: MACEDONIA DE OUTONO, na clase de Yure

O venres visitáronnos as nais de Laura G. Méndez, Paula Vieitez e máis a nai de Santi.
Querían ensinarnos as froitas e froitos do outono. Pero... ¿Cal é a diferencia? Para averigualo fixemos unha macedonia e pasámolo en grande
Click to play this Smilebox newsletter

jueves, 17 de noviembre de 2011

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA

O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Neno.
Este é un pequeno resumo dos Dereitos universais dos nosos pequenos

1.- Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2.- Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3.- Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4.- Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5.- Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6.- Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7.- Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8.- Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9.- Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10.- Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo

MAGOSTO

Hoxe celebrámolo magosto tódolos nenos e nenas de infantil e primaria; os da ESO faranno a vindeira semana "Cousas dos maiores".
Foi un día de celebración e de comer moitas castañas, "estaban boísimas". Pasamolo xenial e ademáis o bo tempo, permitiu que podesemos disfrutar dun día otoñal moi soleado.
Queremos dar as grazas a os pais de Laura Méndez (5 anos) por regalarnos todas as castañas que tomamos, os nenos e nenas de infantil, no magosto.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 14 de noviembre de 2011

XOGOS POPULARES, COA AVOA E A NAI DE ALBA, na clase de Yure

Os nenos e nenas de cinco anos comezamos a semana xogando. Pero non calquer xogo... a nai e a avóa de Alba ensináronnos xogos populares. Resulta que son xogos moi divertidos ós que xogaban os nos pais e os nosos avós. Pasámolo en grande. Moitas grazas pola sorpresa.
Click to play this Smilebox scrapbook

sábado, 12 de noviembre de 2011

VISITA DAS NAIS DE SAMUEL E LUNA, na clase de Chelo

Hoxe as nais de Samuel "Iria·" e de Luna "Vero" viñeron a clase de 4, e trouxéronnos uns lenzos de animaliños para pintar... preciosos, e pasámolo moi ben, aínda que temos que pedirlles desculpas, porque como nos emocionamos tanto, alborotamos un pouquiño, pero a próxima vez estaremos máis tranquiliños.
Moitas grazas pola vosa paciencia e dedicación. Esperamos contar convosco noutras ocasións.
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 7 de noviembre de 2011

VISITA DO AVÓ DE KEIRA, na clase de Chelo

Visítanos o avó de Keira para contarnos en que traballa, e contarnos un conto de Epi e Blas que nos gustou moito, pedídelle os vos@s fill@s que volo conten.
Ademais tróuxonos caramelos, polo que nós fixémoslle un debuxo no que estaba el, e o parquímetro que nos explicou como funcionaba.
Moitas grazas pola visita e polos seus ensinos.
Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 4 de noviembre de 2011

NOVA DATA CONFIRMADA

O vindeiro 24 de maio de 2012, os alumnos e alumnas de infantil acudirán ao Centro cultural "García Barbón" a representación teatral "PINGÜIN".