.

.

viernes, 12 de noviembre de 2010

UN ZOO NAS AULAS DE INFANTIL

Hoxe recibimos unha sorpresa moi bonita; realmente foi máis de unha sorpresa, pois tivemos varias visitas. Pola mañán cando estabamos a traballar nas nosas clases, viñeron de visita as nais de: Luna (3 anos), Adrián (3 anos) e Anxo (4 anos). Pensabamos que era viñan a ver o que estabamos a facer, pero chamounos a atención que viñan cheas de caixas. Cando abriron as caixas....MENUDA SORPRESA! a clase converteuse nun autentico  zoo.
Empezaron a abrir caixas e foron aparecendo: unha tartaruga, un coello, unha coballa, un erizo, peixes de cores, 6 ou 7 paxaros e un precioso cachorro.Uf! Que ben o pasamos!
Moitísimas grazas Verónica, Elena e Estela por facernos pasar un día inolvidable.
Click to play this Smilebox slideshow

0 comentarios:

Publicar un comentario