.

.

domingo, 21 de noviembre de 2010

UN ARCO IRIS DE COLORES

Hoxe tivemos una fermosísima sorpresa! Os profes baixaronnos ao ximnasio e estaba transformado nun teatro. Ante nos apareceu un bosque, polo que foron pasando moitos personaxes: unha avoa, unha narradora, cores, unha fada... pero onde está a sorpresa? Pois que as nais de infantil convertéronse en actrices, e que actrices! Nin Hollywood, nin Bollywood, nin as alfombra vermellas dos mellores festivais de cine faríanlle sombra a estas fantásticas actrices. Pasámolo xenial! Que obra máis fermosa! Moitísimas grazas a: Elena (nai de Adrián, 3 anos), Ángeles (nai de Noa, 3 anos), Verónica (nai de Luna, 3 anos), Natalia (nai de Diego, 3 anos), Lorena (nai de Keira, 3 anos), Estela (nai de Anxo, 4 anos), Nuria (nai de Sara, 4 anos), Mónica (nai de Carla, 4 anos), Carmen (nai de Pablo, 4 anos), Mónica (nai de Miguel, 4 anos), Manoli (nai de Noa, 2º EP) e Elena (nai de Nicolás, 1º ESO) . Noraboa mamás.

Click to play this Smilebox slideshow

0 comentarios:

Publicar un comentario