.

.

martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO, na clase de Yure

Un ano máis levamos a cabo a actividade do "Top Libro", os nenos e nenas trouxeron libros para intercambiar cos compañeiros. Por segundo ano consecutivo a actividade foi moi ben recibida e todos levaron un libro novo para casa.


ACTIVIDADES COS PADRINOS DE LECTURA
A comezos de ano comezamos en cinco anos unha actividade semanal, os alumnos/as de sexto de primaria convertéronse nos nosos padrinos e madrinas de lectura. Unha vez á semana baixan a nosa aula para ler con nós e axudarnos nesta tarea. Cada neno ten asignado un alumno de sexto de forma que é máis sinxelo para eles controlar a nosa evolución na lectura e un aliciente para nós coñecer cada día un pouco máis ós alumnos do noso cole


Para celebrar o día do libro, os nosos padrinos e madrinas escribiron un conto persoal ós seus afillados e os alumnos de cinco anos regalaron unha flor a cada un deles. Foi unha sorpresa escoitar os contos redactados e reciir un lote de libros como agasaio para a nosa aula. Moitas grazas.

0 comentarios:

Publicar un comentario